Proxecto MIS+: Espectáculo de maxia pola igualdade
Enviado por admin o Ven, 06/03/2020 - 14:49
En conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, o vindeiro 8 de marzo, todo o alumnado do centro asistiu na Casa da Cultura a un espectáculo de maxia pola igualdade.
O propósito era concienciar ao noso alumnado usando a maxia como método de coeducación. A través de trucos de maxia abordáronse temas como a desigualdade de salario, a escasa presenza de mulleres en determinados sectores, a historia da loita pola igualdade….
Pasamos un rato entretido aprendendo a construír unha sociedade mais igualitaria.