SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2014-2015

Contamos con manter o servizo de comedor para o curso 2014-2015 desprazándose os alumnos usuarios ás instalacións do comedor escolar de Mosteirón en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 43. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

A día de hoxe aínda non se publicaron as instruccións que regularán o servizo de comedor para o vindeiro curso, que deberían estar publicadas antes do 1 de maio. Para ir adiantando os trámites e poder iniciar este servizo o primeiro día de clase vamos proceder a recoller as solicitudes de usuarios de comedor para o vindeiro curso.

Para solicitar o servizo de comedor escolar as familias interesadas poden recoller no centro a instancia de solicitude ou descargala da web do centro. O prazo para a presentación de solicitudes será do 12 ao 20 de xuño, ámbolos dous inclusive en horario de secretaría do centro así como a documentación acreditativa, nos casos que sexa preciso.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determinarase no mes de setembro mediante o procedemento que estableza a Consellería.

BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Publicarase, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.

Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 12 a 20 de xuño.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Sada a 11 de xuño de 2014.

 Impreso de solicitude para alumnos usuarios do servizo de comedor
 Impreso de solicitude para nais e pais colaboradores