AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

No Diario Oficial de Galicia do 31 de maio de 2013 aparece publicada a ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Rendas familiares e contía das axudas en educación primaria

No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.

Resto das familias:

-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.

Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2011 e o exercicio fiscal 2011. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2010, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Información e impresos de solicitude.

O prazo de presentación de instancias vai do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013. Presentarase no centro educativo onde estea matriculado/a o/a alumno/a unha solicitude por alumno/a matriculado/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria.

A Orde está no taboleiro de anuncios do centro e as solicitudes, segundo o anexo I da Orde, serán facilitadas na conserxería do centro. Tamén se pode consultar e descargar da web da Consellería tanto a Orde como a solicitude: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Sada a 3 de xuño de 2013.