Onde nacen os libros

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil (5 anos) están realizando unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada: “onde nacen os libros”. Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas que se están iniciando na lectura.
Cada un plantou unha semente nunha maceta que agora teñen que “regar e coidar” para que naza e medre. Así van todas as semanas a a lerlle un libro. Cada neno leva un libro para a súa casa que deberá lerlle á súa planta na semana seguinte.

Ao final a planta dará un froito...