Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Música

Todos/as podemos ser valentes

Búscanse valentes

Juan Manuel Montilla Macarrón, máis coñecido coma El Langui  (Madrid, 1979), Dedica a canción 'Se buscan valientes' á loita contra o acoso escolar. "A partir de agora, valentes serán aqueles nenos/as que cando vexan unha situación inxusta, de acoso ou abuso, non mirarán cara outro lado". 

"O rap é un tipo de música moi directa e combativa, e transmite á perfección a mensaxe Todos podemos ser valientes!" (Campaña 12 meses se buscan valientes de Mediaset)

Nós reescribimos a letra deste rap en galego, para cantala no día da Paz.

 accede a sebuscanvalientes.com

Un rap sen fronteiras lingüísticas. Mediaset.es/12meses fixo unha montaxe do rap empregando a letra en galego que lles enviamos e as imaxes do noso vídeo. Este é o link onde está subido na web de 12Meses para que poidades velo e/ou compartilo: http://www.mediaset.es/12meses/campanas/se_buscan_valientes/animas-cantar-valientes-gallego-Unete_2_2331555026.html

 

Sons de Paz

Musical con sons de Paz

O Himno á Alegría de Beethoven coa frauta e coas voces. 

Soños de Nadal

E ti con que soñas este Nadal?

Nós soñamos cun Nadal, que encha o  noso mundo coa fantasía dos contos, que nos anime a ler e a gozar coa lectura, porque ... un neno/a que le, será un adulto que pensa.  

O Nadal é epoca de panxoliñas, animámoste a cantar porque coas cancións practicas o ritmo, a velocidade e melloras a pronunciación. 

Nun pequeno acto, que tivo lugar na biblioteca, cantamos, dramatizamos e interpretamos coa flauta e instrumentos de lámina, 3 panxoliñas: "O mundo dos contos", "Rodolfo o reno" e "Navidad"

nadal016 from Efren Esquio on Vimeo.

Coñeces o patrimonio de Ourense?


Robótica nas aulas

OS INSTRUMENTOS MEDIEVAIS NA ARQUIVOLTA DO PÓRTICO DO PARAÍSO – CATEDRAL DE OURENSE

  

Hugo Gallego e Gabriel, enfróntanse aos coñecementos de Zoe e Candela.

O xogo consta de:

Un taboleiro

Tarxetas coas descricións dos instrumentos

Un díptico coa información necesaria para respostar axeitadamente ás preguntas do adversario no caso de ter dúbidas.

Este é o  Plantexamento didáctico desta actividade.

Rúbrica de avaliación

IDENTIFICAR ESCULTURAS, ESTATUAS E BENS INMOBLES DO PATRIMONIO DA NOSA CIDADE 

  

Desenvolvemento do xogo

Conta dun taboleiro con nomes de 11 esculturas representativas do patrimonio de Ourense e 11 tarxetas coas descricións e situacions desas esculturas.

Colócanse as tarxetas cara abaixo, cada equipo vai levantando unha tarxeta, le o contido e leva o escornabot ata a imaxe correspondente.

Se non acertan, ou programan mal o escornabot e non chega a cela correspondente, pode contestar o outro equipo.

O xogo remata ao contestar correctamente a todas as tarxetas e gaña o equipo que recoñeceu máis esculturas.

 TABOLEIRO   TARXETAS PARA RECORTAR

 

 

Alborada de Rosalía

                                          Cantándolle a Rosalía                                             

    

 

   

 

Son de poetas. Alborada. Rosalía de Castro

Canción de Entroido: Banda deseñada

BANDA DESEÑADA

Proxecto documental integrado: Entre Viñetas

 

Bailando co Apalpador

Videopostal colectiva de Nadal

Este Nadal quixemos renderlle homenaxe ao Apalpador, personaxe tradicional do Nadal galego, que pasaba o ano facendo carbón e entre o 24 e o 31 de decembro deixaba castañas e algún agasallo feito por el aos nenos e nenas galegos.

Así que participamos na actividade colectiva Bailamos co Apalpador? e gravamos esta coreografía na que lle damos ao esqueleto todos os alumn@s e mestres do cole. É ben doada, só hai que apalpar a nosa barriguiña e darlle voltas como se fose unha lavadora, uns pasos de twist... 

Música orixinal: Javier Prado Espiñeira.
Letra: Cristina Corral Soilán

ESTA É A MENSAXE DO APALPADOR AOS NENOS E NENAS DO COLE

"Querid@s profes e alumn@s,

Agradecemos de todo corazón o voso esforzo e o voso traballo e sobre todo a vosa colaboración neste proxecto que empezamos con moita ilusicón hai xa uns anos.
Este ano tivemos a sorte de contar con vos para a nosa videopostal e aquí está o resultado:
 
 
Gracias por estar sempre aí, traballando a prol das nosas tradicións.
 
Esperamos que vos guste :)
 
Un bico forte para eses/as nen@s do Apalpador.
 
O Apalpador ;)"

Gústame ler

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

A actividade consitía en adaptar unha letra a unha base musical dada co tema da biblioteca.

Escollemos a canción Whatever you want da banda británica Status Quo,  e en grupos escribimos varias estrofas.  

 Gustame ler from Efren Esquio on Vimeo.

GALEGANDO

Queremos animarvos a vivir Galegando!

A falar en GALEGO

A soñar en GALEGO

A querer en GALEGO

E a vivir en GALEGO

 

Galegando- Letra

Letra da Canción: Sali Álvarez e José Conde

Coa Base da canción de Enrique Iglesias Bailando, reescribimos unha nova canción 

Nós temos unha tía

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2015

Alumnos/as de 4º, 5º e 6º

Versionamos a canción "A miña tía" de Sonárbore, incluída no libro-disco-DVD 'Bicos de música' de Mamá Cabra.

Canción: Eu teño unha tía que vive en Toén, que cando está contenta...

Letra da canción

Distribuir contido


by Dr. Radut