Escribimos e recitámoslle esta poesía ao carballo que medra no patio do colexio.
21 de marzo: DÍA DA ARBORE
Apadriñar unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos facer conscientes aos nosos alumn@s de coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.
Este curso estamos decidid@s a aprender coa Robótica. Empezamos por coñecer o que son as máquinas . Sabemos que son a base do progreso tecnolóxico e que os humanos creámolas para que nos axuden a facer diferentes actividades de forma máis sinxela, rápida e con menos esforzo.
Estamos aprendendo moito vocabulariorelacionado con este tema, e sí , xa sabemos o que son as máquinas simples e as complexas. O noso "PEPE" polo momento e "simple"...pero xa se irá facendo máis complexo coa nosa axuda a medida que avance o curso e tamén os nosos coñecementos.