Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Alumnado: Todos os cursos de PRIMARIA
Alumnado beneficiario:
1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar
Alumnado beneficiario que pode solicitar a axuda:
2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2019, igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Presentación de solicitudes:
Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada.
Os que estean na situación do punto 2 do apartado anterior deberán cubrir os Anexos I e II xunto coa documentación e entregalos na secretaría do centro entre o 15 e o 26 de novembro 2021.
Prazo: dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro 2021.