Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Medio Ambiente

O Castro de Trelle. Clase medioambiental.

O día 30 de maio de 2016, as nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º, fomos ao Castro de Trelle. Alí desenvolvemos actividades ao aire libre. Contamos cun excelente guía, O garda forestal Santos, que nos deu moita información sobre o castro e o medio ambiente.

1º Apadriñamos o Castro de Trelle, colocamos tres carteis medioambientais

Demos lectura a un  Manifesto 

Realizamos varias actividades de orientación,aprendemos unhas nocións básicas de como orientarnos, interpretar un mapa topográfico e  usar o compás. Tamén plantamos un acivro e un carballo.

Por último coñecemos de preto cal é o papel do helicóptero antiincendios e das brigadas, escoitando as explicacións do inxeñeiro forestal que coordina todo o operativo.

Día da árbore e a auga

Día da árbore - 2015

Plantación no cole

Celebramos o día da árbore cunha charla medioambiental e unha plantación.

Pepe Santos Otero, é un axente forestal que case todos os anos visita o noso cole, para concienzarnos da necesidade de que todos nos impliquemos no coidado dos bosques.

En primeiro lugar mostrounos unha presentación que daba a coñecer algúns datos escalofriantes sobre o impacto dos incendios sobre todo en Ourense, do valor dos nosos recursos e da importancia de ter conciencia ambiental xa dende pequen@s.

Saímos ao patio de abaixo para plantar varias árbores: 

O Freixo viña coa raíz núa, á hora de prantalo hai que ter coidado de que as raíces queden cara abaixo. Isto arréglase dándolle un pequeno tirón cando o temos xa na terra. Alba será a encargada de plantala.

Rafa, María, Águeda Lucía e Damián con cadansúa árbore. O érbedo, o cancereixo, o bido e a sobreira, viñan con cepellón. O cancereixo está a piques de desaparecer.

Agora sabemos que unha pedra colocada á carón dunha árbore, proporcionaralle humidade durante o verán              

 

Usamos o noso propio compost para o abono das árbores. Alejandro, María e Alex traballaron intensamente.

 Rodrigo é todo un experto preparando a terra e María supervisa o traballo.


Hugo e Rafa traballando en equipo 

Se queres ver máis fotos, accede á GALERÍA DE IMAXES

Unha árbore con moitos amigos

Con motivo do día da árbore e da poesía nada mellor que escribirlle uns poemas á nosa benquerida árbore.

Poemas escritos pola clase de 2º de E.P.

PALABRA DE ÁRBORE

Todos os anos, o 21 de marzo, coincidindo co primeiro día da primavera, celebramos dúas conmemoracións: o DÍA da ÁRBORE e o DÍA da POESíA.

As dúas  son importantes. As árbores porque son  fontes de vida e aportan fermosas paisaxes e a poesía porque  nos axuda a expresar sentimentos, emocións, estados de ánimo...

Ámbalas dúas fannos máis fermosa a vida de cada día.

Con esta MiniQuest, investigaredes e aprenderedes un montón de cousas, á vez que escribides poemas e desenvolvedes a vosa creatividade

   MiniQuest:  Palabra de árbore

MOBILízate pola selva

Jane Goodall é naturalista, primatóloga e consevacionista . É Mensaxeira da Paz polas Nacions Unidas e Premio Príncipe de Asturias de investigación. Dedicou a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés en Africa e a educar e promover estilos de vida máis sostibles en todo o planeta.

Hai uns días estivo en España para dar conferencias e recibiu un recoñecemento merecido pola súa labor de protección do medio ambiente e dos animais.

Invitou ás empresas de móbiles a sumarse a iniciativa de sosteñibilidade e paz brindando maior transparencia sobre a orixe dos minerais utilizados na fabricación destes aparellos, pois o coltán e a casiterita adoitan provir de explotacións ilegais na República Democrática do Congo .

Os consumidores non queremos financiar aos grupos armados que explotan man de obra infantil, utilizan nenos soldado e provocan un grande dano ecolóxico destruíndo o hábitat de moitas especies coma os chimpancés e os gorilas, en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación.

Isto foi o que nos motivou a participar na campaña "MOVILízate por la selva".

Seguro que nas vosas casas tendes móbiles que xa non empregades, porque non funcionan, porque son antigos... ou por calquera outra razón.

Pedímosvos que os traigades ao colexio e os depositedes na urna disposta para tal fin. Nós farémolos chegar a Fundación Jane Goodall. Así que ... Xa o sabedes... buscade pola casa, decídello aos vosos amigos, veciños, familiares ... e COLABORADE.

>Se somos capaces de xuntar 30 terminais (deben vir coa batería, pero sen cargador nin tarxeta) regalaránnos un ano de apadriñamento a un dos chimpancés do centro de rehabilitación do Instituto Jane Goodall no congo.

A botica de Efrén

Os alumn@s de 2º e 3º Ciclo,  obtiveron todos estes saberes dos seus maiores. Esta é a recompilación de todos os remedios caseiros, prantas medicinais, ditos e refráns recollidos.

A información obtida dos cadernos de campo está publicada na plataforma Google Sites, co título:

A BOTICA DE EFRÉN

Se cometemos algún erro á hora de transcribila, non dubidedes en correxirnos e se recordades algún remedio sempre podedes facérnolo chegar para completar o recetario. Os remedios caseiros pode que non curen pero alivian, que xa é moito! E... Que nada se perda!

 
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLO VOSO ESFORZO E E POR AXUDARNOS A MANTER SEMPRE VIVA A NOSA CULTURA E TRADICIÓNS!

 

- Para navegar polo sitio, so tedes que ir picando nos "gadgets" da barra lateral esquerda - 

Cos pés na terra

 Publicamos  COS PÉS NA TERRA, unha revista que recolle as actuacións medioambientais que levamos a cabo no colexo e que pretende animar a todos a pensar globalmente e actuar localmente.

Consta de 12 actuacións que alumnos/as, mestres e familias realizamos no noso día a día contribuíndo así, a frear o cambio climático.

QUERER É PODER.

O CAMBIO CLIMÁTICO DESDE A ESCOLA

O cambio climático non é unha película de ciencia ficción ... é unha realidade.

O noso proxecto "Pensa globalmente e actúa localmente" foi elixido para participar no I CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DOS CENTROS DE ENSINO DE OURENSE xunto con outros 9 colexios, mellor dito, institutos, da provincia. Nós eramos os participantes máis novos, os únicos alumnos/as de Primaria.

Espuxemos o noso traballo en prol do medio ambiente dando a coñecer os hábitos de comportamento medioambientais que adoptamos  para que  o noso concello, un anaquiño deste planeta, estivese un pouquiño menos contaminado.

Levamos a cabo diversas actuacións: 

-  Campañas de reciclaxe "DÁNDOLLE OUTRA OPORTUNIDADE"

- Localizamos, en diversas saídas á contorna, vertedoiros ilegais e comunicamos a situación dos mesmos ao concello. Tamén detectamos soterramentos dalgúns vertedoiros, impedindo que saia o monte autóctono.

- Participamos na repoboación do entorno próximo e do colexo.

- Facemos compost no colexio e coidamos o noso horto escolar.

- Aprendemos sobre as Enerxías renovables e non renovables, Os gases de efecto invernadoiro,
O efecto invernadoiro.

- Construímos unha cociña solar e cociñamos tartas, galletas, unha infusión, comprobando que pode cociñar
xa que alcanza os 70 º de temperatura. Tamén potabiliza auga.

- Editamos a revista COS PÉS NA TERRA

- Montamos diversos vídeos, este é o que escollemos para mostrar no congreso.

OBXECTIVO: DETER O CAMBIO CLIMÁTICO" 

De azul e auga

A auga é vital para os seres humanos, para os animais e as plantas, por iso contribuíu á formación de pobos, vilas e cidades. O noso concello está atravesado polo río Miño que, desde antigo, ademais de ser unha importante vía de comunicación, pois a xente trasladábase en barca dun pobo a outro, foi tamén unha gran despensa...
Memoria do Proxecto

As Aceas

 

De auga e soños

 

 

                

Pai Miño. Artes de pesca

 

De azul e auga. As nosas fontes.

Distribuir contido


by Dr. Radut