PALABRA DE ÁRBORE
Todos os anos, o 21 de marzo, coincidindo co primeiro día da primavera, celebramos dúas conmemoracións: o DÍA da ÁRBORE e o DÍA da POESíA.
As dúas son importantes. As árbores porque son fontes de vida e aportan fermosas paisaxes e a poesía porque nos axuda a expresar sentimentos, emocións, estados de ánimo...
Ámbalas dúas fannos máis fermosa a vida de cada día.
Con esta MiniQuest, investigaredes e aprenderedes un montón de cousas, á vez que escribides poemas e desenvolvedes a vosa creatividade
MiniQuest: Palabra de árbore