Celebramos o día da árbore cunha charla medioambiental e unha plantación.
Pepe Santos Otero, é un axente forestal que case todos os anos visita o noso cole, para concienzarnos da necesidade de que todos nos impliquemos no coidado dos bosques.
En primeiro lugar mostrounos unha presentación que daba a coñecer algúns datos escalofriantes sobre o impacto dos incendios sobre todo en Ourense, do valor dos nosos recursos e da importancia de ter conciencia ambiental xa dende pequen@s.
Saímos ao patio de abaixo para plantar varias árbores:
O Freixo viña coa raíz núa, á hora de prantalo hai que ter coidado de que as raíces queden cara abaixo. Isto arréglase dándolle un pequeno tirón cando o temos xa na terra. Alba será a encargada de plantala.
|
Rafa, María, Águeda Lucía e Damián con cadansúa árbore. O érbedo, o cancereixo, o bido e a sobreira, viñan con cepellón. O cancereixo está a piques de desaparecer.
|
Agora sabemos que unha pedra colocada á carón dunha árbore, proporcionaralle humidade durante o verán
|
Usamos o noso propio compost para o abono das árbores. Alejandro, María e Alex traballaron intensamente.
|
Rodrigo é todo un experto preparando a terra e María supervisa o traballo.
|
Hugo e Rafa traballando en equipo
|
Se queres ver máis fotos, accede á GALERÍA DE IMAXES