DÍA DA PAZ reunímonos todos para cantar a nosa mensaxe a modo de Rock. Cada un cun instrumento de percusión:
tambores, bombos, timbais, caixas chinesas, claves, triángulos... tocabamos o ritmo "titi ta".
A vez cantabamos a canción "Rock sen guerra", escrita na clase de música e adaptada de "We will rock you” de QUEEN.
ROCK SEN GUERRA
Estamos en contra da violencia
xuntos dicímolo a VIVA VOZ
está nas túas mans,
voucho a explicar
calquer conflicto se pode arranxar:
Ponlle freo á guerra
A Paz é a meta.
Únete ao club da AMIZADE,
so necesitas boa vontade.
Xa o di Efrén
Ponte a entrenar.
Hoxe é o día imos gañar.
Ponlle freo á guerra
A Paz é a meta
É a túa carreira
Ti non te deteñas.
Non o penses mais,
ti bota unha man
cousas pequenas
grandes obras fan
Da un paso ao fronte
non o penses mais
a vida no planeta
imos mellorar.
Letra: Alumnos/as de 6º curso
ESCRIBIMOS OUTRA CANCIÓN PARA CELEBRAR O ENTROIDO. O Tema era a Comunicación A presentación do desfile (Fixémola co Programa Quick Slide Show) Galería de imaxes
XA ESTABAMOS TAN METIDOS NO PAPEL DE COMPOSITORES QUE, COS DE INFANTIL, ESCRIBIMOS UNHA LETRA DEDICADA A RAMÓN PIÑEIRO,
AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 09. COA MELODÍA DA CANCIÓN "NA VELLA FACTORÍA"(Escoita a canción)
AS GRAVACIÓNS FIXÉMOLAS CO PROGRAMA AUDACITY.
AVISO!! A NOSA ENTONACIÓN NON É MOI BOA.