Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Música

Pintando sorrisos

 
Música e poesía: coa base musical  de "Oh when the saints go marching in",  góspel estadounidense que fixo popular Louis Armstrong, compuxemos unha nova letra para cantar no día da Paz. Unha actividade encadrada dentro do Proxecto interdisciplinar de centro: Escola de pintores


Bollywood en Toén

Para o Entroido preparamos unha coreografía coa canción Jai Ho, You are my destiny. Banda sonora do film Slumdog Millionaire de Danny Boyle composta por AR Rahman.

Xa sabemos que a industria cinematográfica de Bollywood é a que máis pelis produce ao ano. As películas poden durar unhas 3 horas de media e as coreografías ocupan gran parte do filme. 

Benvidos a Bollywood from Efren Esquio on Vimeo.

Viaxa Con nós. Entroido

Utilizamos a base musical da canción Ven viaxar connosco da Orquestra Mondragón e reescribimos a letra da canción adaptada á cada país. 

A Volta ao Mundo Con Efrén. Ven Viaxar con nós

Ven Viaxar connosco a mil e un lugar

Da unha volta ao mundo se queres gozar. 

e disfruta, de todo ao pasar

e disfruta , destas fermosas historias 

que che imos a cantar. 

 

Don Quixote e Dulcinea, están en Toén.

Sancho Panza, o escudeiro viaxa tamén!

Por España, viaxa con nós!

E disfruta

da praia e da montaña, da súa xente e do sol.

 

 

Se viaxas ata Francia, sube a Tour Eiffel

Pola noite MoulinRouge, ven ao cabaret

E disfruta da nosa función

C’est París

Achégate a Disneyland, vas a pasalo xenial

 

Unha guía de Exipto imos mercar

Un cruceiro polo Nilo..Non faltará

Xa no Cairo, pirámides hai

No deserto

Con momias e faraóns, tesouros encontrarás

 

A visita a Alemaña vaiche encantar

Aquí hai cervexa para dar e tomar

Imos todos... agora a brindar

É unha festa

 E comeremos salchichas, Que ben o imos 

pasar!!

 

Un tempo estupendo en Australia vai

Sol e ondas xigantes para poder surfear.

En Tasmania, ata un demo hai

E koalas

Atoparás Aborixes, nesta illa sen igual

Baila a Samba no Brasil, Isto é o carnaval

Con que ritmo e fantasía

É Espectacular!

A capoeira é unha arte marcial, van danzando

Ven a Río de Xaneiro, connosco a desfilar

 

Unha peli en Bollywood estase a rodar

Pola India en Bombay e no TajMahal,

Polas rúas... vacas verás

Son sagradas.

Se queres entrar nos templos, primeiro haste descalzar.

 

Imos viaxar agora ata Xapón.

Podes ir en barco e tamén en avión.

Trae o kimono, para visitar

As súas illas

E non te podes perder a cerimonia do té

Dando a lata pola Paz

Dúas cancións resoaron este ano a ritmo de latucada: 

O noso himno: Rock sen Guerra. A paz é a meta. Xa sabedes que é unha canción que vai medrando cada ano. Esta é a estrofa que lle engadimos este curso adaptándoa ao PDI A Volta ao Mundo con Efrén

A nosa viaxe vai comezar

unha volta ao mundo, imos dar.

Enche a maleta de ilusión é paz

Súbete a bordo vai ser xenial.

Segue o ritmo e canta...

Ven a dar a lata! 

 

 

 

 

 

 

Letra da canción enteira no Souto dos Laretas

 

 Tamén adaptamos a Canción de Mamá cabra ao proxecto de A Volta ao Mundo. Adaptamos a letra da canción nomeando os países aos que representa cada clase: España, Francia, Exipto, Alemaña, Australia, Brasil, A India e Xapón.

O MUNDO É GRANDE

1 – O mundo é grande como saberás

e somos tantos quen nos contará?

cen mil maneiras de falar,

cen mil maneiras de cantar.

2- E neste mundo o mesmo Sol

Danos a vida, e danos calor

os ventos sopran sen parar

sexas da India ou Alemán.

3- E na túa lingua falarás Hello, bonjour, guten tag

Hola, Salaam, namaste, boas e konichi wa

4- O mundo é grande xa cho dixen xa

e ser distintos e “diversidá”

Dende Xapón ata Brasil

distintas razas ti verás.

5- O mundo é grande, Ti mesmo o verás

ser diferentes non é “casualidá”

distinto pelo, distinta cor

os mesmos soños, mesmo amor.

6- O mundo é grande como saberás

Moitos países para visitar

Australia, Francia e Portugal,

Exipto, España e moitos máis.

IMOS A GAÑAR!

O Entroido deste ano foi a festa do deporte.

Todo xirou en torno ao tema: "Con Efrén nos Xogos Olímpicos"

Inventamos a nosa copla do Entroido: IMOS A GAÑAR!, A ARRASAR!!

Escribimos a chirigota na clase,  coa música de Gangnam Style..., e por suposto, tamén a bailamos.

Ensaiámola na clase de música c@s nen@s de 3º ciclo, pero ao longo da semana todo o cole se foi sumando.

Este é o vídeo que trata de mostrar, musicalmente falando, como transcurriu esta semana de Entroido.

     IMOS A GAÑAR, A ARRASAR!   

Estamos en forma

e ímolo a demostrar

día e noite adestrando

tense que notar.

Nós non nos dopamos,

iso é ilegal!

Nós comemos caldo

que nos vai xenial.

Vimos a competir,

somos atletas

e xinetes estamos aquí

Somos os escollidos

do concello de Toén

Fomos seleccionados, 

 os mellores,

ben o podes ver!

Que o diga Efrén!

Nos circuítos, tamén nas pistas

Imos gañar, a arrasar!

Xa estou chegando, xa vexo a meta...

Son campión, que ilusión.

e a vitoria nesta proba

e para MIN, MIN, MIN...

 VIMOS A ARRASAR,

A ARRASAR!

IMOS A GAÑAR.... a gañar  

EEEEE EEE  AI QUE NIVEL!!!               

Estamos en forma

e ímolo a demostrar

día e noite adestrando

tense que notar.

Nós non nos dopamos,

iso é ilegal!

Nós comemos caldo

que nos vai xenial.

Vimos a competir,

somos ciclistas,

karatekas e estamos aquí.

Os mellores esgrimistas

de todo Toén.

Co florete ou sobre rodas

ti o podes ver!,

que o diga Efrén!

Nos circuítos, tamén nas pistas

imos gañar, a arrasar!

Xa estou chegando,

xa vexo a meta

Son campión, que ilusión.

e a vitoria nesta proba

e para ti!

            IMOS A GAÑAR!                              

O mundo é grande

Estamos aprendendo a canción O mundo é grande de Mamá Cabra. A música é de Leroy Anderson (The syncopated clock) e a letra de Tomi López. 


O Mundo é grande, como saberás
e somos tantos, quen nos contará?
Cen mil maneiras de falar, cen mil maneiras de cantar.

E neste mundo, o mesmo Sol
danos a vida  e danos calor.
Os ventos sopran sen parar
sexas da India ou Portugal

E cada un nacerá no seu lugar e será,
o que queira aprender...
bombeiro, surfista ou chofer. 

O Mundo é grande, xa cho dixen xa,
e ser distinto é "diversidá".
Do Polo Norte ata o Sur,
distintas razas ti verás.


O mundo é grande, ti mesmo o verás
ser diferente non é "casualidá".
Distinto pelo, distinta cor,
os mesmos soños, mesmo amor

Cantámola, acompañándoa de instrumentos de pequena percusión, marcando o pulso forte-débil do reloxo, á vez que facemos un sinxelo desprazamento.

Os alumn@s de 6º montaron unha presentación con esta canción e tamén editamos o vídeo coa coreografía.

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

O 12 do  12 de  2012 ás 12, alumn@s, mestres, pais e nais de toda Galicia renderemos unha homenaxe á Celso Emilio Ferreiro, á nosa lingua e á nosa cultura porque sí, porque nos gusta, porque nos peta e danos a gana. 
(É unha iniciativa da CGENDL).

Tod@s estaremos á mesma hora,  recitando o poema Deitado Frente ao mar.  Os seus versos resoarán con forza como símbolo permanente dos valores de solidariedade e de compromiso coa cultura e coa lingua de Galicia.

Comezamos a ensaiar na clase de música o poema:

Estela, María, Alex, Fermín, María, Águeda,
Lucía e Carmen ...

Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña   

(...)

Entre tanto rapaz aportando ideas, houbo un iluminad@ que se lle ocorreu cantala a ritmo de rap..., bueno esta é a primeira maqueta, rap, rap, non sei se será..., eu véxoo máis coma unha regueifa rapeira que é máis enxebre.

Aquí vos deixo este podcast... Calqueira suxerencia e/ou aportación constructiva será benvida... Recordade que o mércores gravamos a definitiva.

Con tod@s vos, a VERSIÓN DEFINITIVA: DEITADO FRENTE AO MAR do Saco e Arce a Viva Voz!!

O outono chegou

A partir desta canción que aparece no libro de Galinova de 4º,  adaptamos un pouco a letra e inventamos esta coreografía:

A canción ten estrutura de Rondó ABACADA -> RETROUSO  - 1ª estrofa - RETROUSO - 2ª estrofa - RETROUSO - 3ª estrofa.

Os pasos son moi sinxelos - sempre se empeza cara a dereita-> 

Retrouso - envolver o novelo, brazos arriba dereito e esquerdo de xeito alterno

1ª estrofa- facer a V cara adiante e cara atrás.

2ª estrofa - desprazarse cara á dereita 4 pasos e palmada no 4º paso = cara á esquerda - 

3ª estrofa- paso adiante e 1,2,3 (cha, cha, chá)

Ou polo menos iso foi o que intentamos facer... aínda que a resolución non é moi boa, ver o vídeo pode axudar:

VEN LER

Coñecedes a canción Whatever you want de Status Quo? 

Últimamente, escóitase moito xa que sae nun spot publicitario.

Pois nada, que escoitando este anuncio, ocorréuseme a idea de gravar un spot invitando a todos a ler.

Para celebrar o día das bibliotecas escolares (o 24 de outubro), na clase de música, inventámoslle esta letra e gravamos este vídeo...

NON CHO DIGO, CÁNTOCHO... VEN LER

Libros de terror, libros de humor,

de aventuras, misterio e de amor.

Moita información, canta máis mellor!

Na biblio do cole, entra por favor!

Cen libros lin. Eu xa lin mil.

Pasando o tempo na biblio do cole, non quero saír!

Non me movo de aquí, estase moi ben.

Só falta que *Efrén, che sirva un pastel.

*O esquío Efrén é a nosa mascota.

Distribuir contido


by Dr. Radut