Skip to Content

Presentación

 

Benvidas/Benvidos a un novo curso.

Unha vez feita a adscrición do profesorado seguimos avanzando na preparación do novo curso.

Nestes primeiros días o profesorado que titoriza alumnado de nova incorporación ao centro porase en contacto, vía telefónica, coas familias para ir explicando o inicio do curso.

A aplicación Abalar non se actualiza ata o día 9, polo que o novo profesorado non pode acceder ás familias do alumnado.

Para facilitar o desenvolvemento do protocolo de adaptación ao Covid, o Claustro decidimos manter os mesmos grupos que o curso pasado.

Nos próximos días colgaremos na Páxina Web a planificación de Entradas e Saídas que será igual que o curso pasado.

O primeiro día que non traian todo o material, xa o irán traendo de forma gradual ao longo da primeira e segunda semana de curso.

As cores dos mandilóns de Infantil serán:

  • 4º de Infantil (3 anos): verde.

  • 5º de Infantil (4 anos): amarelo.

  • 6º de infantil (5 anos): vermello.

Faltan familias por pasar a recoller os cheques de material do fondo solidario de libros.

Calquera consulta estamos á vosa disposición no centro.

Un saúdo

Listaxe definitiva fondo libro. Recollida de vales

 

Están publicadas no taboleiro de anuncios do interior do centro as listaxes definitivas de admitidos  do fondo solidario de libros de texto (nesta listaxe xa podedes comprobar o ISBN dos libros asignados).

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Os libros serán entregados no mes de setembro, despois de asinar o documento de recepción dos mesmos.

A  partir de xoves, día 8 de xullo, ata o venres 16 de xullo podedes pasar a recoller os vales de libros e de material, en horario de 10:00 h. a 14:00 h.

  • Os vales deben ser recollidos pola/o solicitante dos mesmos.
  • Se a persoa solicitante non pode acudir debe asinar o seguinte documento: autorización
  • En caso de extravío ou deterioro do vale NON se xera un novo.

Un saúdo 

Publicación listas provisionais fondo solidario libros de texto

Están publicadas no taboleiro de anuncios do interior do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Como vén establedido na Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, as persoas interesadas poderán reclamar nos 2 días seguintes ao da publicación da listaxe.

Un saúdo 

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Desde o Dpto. de Educación do Concello de Santiago de Compostela solicítannos que colaboremos na difusión da seguinte información:

A Xunta de Goberno Local na sesión celebrada no día de onte, 28 de xuño, acordou aprobar os prazos e o procedemento de admisión nos Servizos de Comedor e Madrugadores, na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do noso Concello.



 
App ColeChef CEIP de Roxos

 

Información proceso de matrícula 2021/2022

 

Impreso de inscrición nos servizos de comedor e madrugadores

 



 


BOLSAS AXUDAS COMEDOR, MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares. Curso 2021/2022

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria urxente do 1 de xuño do 2021, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2021/2022.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Direccións relacionadas

LISTADO DE LIBROS CURSO 2021/2022

 

Aquí poden consultar os libros de texto para o curso 2021/2022.

 

 

O listado de material escolar solicitarase en setembro.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

 FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2022/2023

O prazo de matrícula abranguerá do día 20 ao 30 de xuño.

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.
  • Certificado de matrícula do centro de procendencia (para o alumnado provinte doutro centro).
  • ANEXO III. FORMULARIO DE MATRÍCULA (pendente).

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

 

  • Prazo presentación solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño.

 

 

  • Máis información na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Clicar aquí

 

 

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. Clicar aquí.

 

 

 

A solicitude pódese cumprimentar:

 

  • De xeito manual descargando o modelo da web ou recolléndoo na secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00, de luns a venres.

 

 

 

IMPORTANTE: A solicitude será única para tódolos fillos/as admitidos nun mesmo centro.

 

 

TELÉFONOS PARA AVISOS RELACIONADOS CO COVID-19

Os números de teléfono do equipo directivo do centro son: 8818 674 30 e 8818 674 31 (de luns a venres de 09:30 a 14:30 horas)

Nestes números de teléfono deben informar, todas as familias, as incidencias sanitarias relacionadas co COVID-19:

  • Se algún discente presenta na casa algún síntoma compatible co COVID-19.
  • Aqueles/as que se atopen en aillamento por diagnóstico de COVID-19.
  • Aqueles/as que se atopen en corentena por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticadas de COVID-19.

 

MODIFICACIÓNS EN ENTRADAS E SAÍDAS

Prezadas familias, presentámosvos as modificacións que fixemos de cara a mellorar a fluidez e os tempos de espera nas entradas e saídas do colexio.

 

As familias que teñen fillas ou fillos en infantil e en primaria, na entrada seguirán o mesmo protocolo, entrarán os dous irmáns polo edificio de infantil.

 

Á saída primeiro seguirán recollendo aos nenos ou nenas de infantil, pero os irmáns ou irmás de primaria iranse situando por cursos ascendentes no corredor que hai entre secretaría e o muro de saída (por onde sae transporte e por onde entra primaria pola mañá). Esa porta permanecerá pechada e cando remate de saír o alumnado de infantil, a persoa do Equipo directivo que estivo na porta de infantil abrirá esa porta e entregará por esa porta (a que ten o cartel ENTRADA PRIMARIA)  ao alumnado, polo que as familias non teredes que agardar ata que remate de saír primaria.

 

As portas de entrada non se abrirán antes das 9:25 - 9:30, non é preciso estar na fila antes de esa hora, entendemos que se debe chegar con antelación para aparcar pero podemos agardar no coche e cando vexamos que a fila vai avanzando ímonos aproximando (o venres houbo familias que ás 9:10 xa estaban na fila).

 

No momento no que nos atopamos a prioridade é a orde e a seguridade debemos evitar as aglomeracións e os agrupamentos para conversar, Debemos facilitar a fluidez de circulación.

 

 

 

Á saída imos a facelo en orde ascendente, as familias do alumnado de cursos máis altos deben agardar en espazos que non dificulten a circulación das familias que están saíndo.

 

As saídas seguiranse facendo polas mesmas portas, salvo o caso dos irmáns de primaria e infantil.

 

Para tratar de clarificar a orde dentro de cada grupo as clases sairán por orde de lista, así as familias xa poden ir colocándose por orde cando se acheguen á porta de saída. A espera a que chegue o noso curso farase na beirarrúa máis alonxada ao colexio, unha vez chegue o momento de recoller ao noso grupo situarémonos na beirarrúa máis próxima ao colexio en dirección ao aparcadoiro. Unha vez recollido ao alumnado baixaremos pola beirarrúa máis próxima ao colexio que debe estar despexada.

 

Imos comezar a saír o alumnado de casa ás 14:20 horas comezando en primaria por 1ºA e en Infantil por 4 anos A (as familias de infantil non teñen que esperar fóra da cancela a que remate de saír o grupo anterior, deben entrar en orde por cursos gardando a distancia de seguridade pero poden empregar a rampla de entrada para facer a fila, axudando a desconxestionar as beirarrúas.

 

 

Moitas grazas  e seguiremos traballando tratando de mellorar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut