Skip to Content

MODIFICACIÓNS EN ENTRADAS E SAÍDAS

Prezadas familias, presentámosvos as modificacións que fixemos de cara a mellorar a fluidez e os tempos de espera nas entradas e saídas do colexio.

 

As familias que teñen fillas ou fillos en infantil e en primaria, na entrada seguirán o mesmo protocolo, entrarán os dous irmáns polo edificio de infantil.

 

Á saída primeiro seguirán recollendo aos nenos ou nenas de infantil, pero os irmáns ou irmás de primaria iranse situando por cursos ascendentes no corredor que hai entre secretaría e o muro de saída (por onde sae transporte e por onde entra primaria pola mañá). Esa porta permanecerá pechada e cando remate de saír o alumnado de infantil, a persoa do Equipo directivo que estivo na porta de infantil abrirá esa porta e entregará por esa porta (a que ten o cartel ENTRADA PRIMARIA)  ao alumnado, polo que as familias non teredes que agardar ata que remate de saír primaria.

 

As portas de entrada non se abrirán antes das 9:25 - 9:30, non é preciso estar na fila antes de esa hora, entendemos que se debe chegar con antelación para aparcar pero podemos agardar no coche e cando vexamos que a fila vai avanzando ímonos aproximando (o venres houbo familias que ás 9:10 xa estaban na fila).

 

No momento no que nos atopamos a prioridade é a orde e a seguridade debemos evitar as aglomeracións e os agrupamentos para conversar, Debemos facilitar a fluidez de circulación.

 

 

 

Á saída imos a facelo en orde ascendente, as familias do alumnado de cursos máis altos deben agardar en espazos que non dificulten a circulación das familias que están saíndo.

 

As saídas seguiranse facendo polas mesmas portas, salvo o caso dos irmáns de primaria e infantil.

 

Para tratar de clarificar a orde dentro de cada grupo as clases sairán por orde de lista, así as familias xa poden ir colocándose por orde cando se acheguen á porta de saída. A espera a que chegue o noso curso farase na beirarrúa máis alonxada ao colexio, unha vez chegue o momento de recoller ao noso grupo situarémonos na beirarrúa máis próxima ao colexio en dirección ao aparcadoiro. Unha vez recollido ao alumnado baixaremos pola beirarrúa máis próxima ao colexio que debe estar despexada.

 

Imos comezar a saír o alumnado de casa ás 14:20 horas comezando en primaria por 1ºA e en Infantil por 4 anos A (as familias de infantil non teñen que esperar fóra da cancela a que remate de saír o grupo anterior, deben entrar en orde por cursos gardando a distancia de seguridade pero poden empregar a rampla de entrada para facer a fila, axudando a desconxestionar as beirarrúas.

 

 

Moitas grazas  e seguiremos traballando tratando de mellorar.

 



story | by Dr. Radut