Skip to Content

Actividade vivan as uñas de Cores

Prezadas familias, o próximo venres 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero (unha das celebracións recollidas no calendario escolar). A proposta do colexio vai orientada a traballar o respecto á igualdade e rachar cos estereotipos de xénero. Para iso, durante esta semana realizaremos diferentes actividades.

Un dos días leremos o conto Vivan as uñas de cores” de Alicia Acosta. Un libro de referencia á hora de tratar temas como a tolerancia ou a empatía pero, sobre todo, para medrar e falar de igualdade. Vivan as uñas de cores!” é a historia de Xan, un neno ao que lle encanta pintar as uñas. Un día, uns nenos métense con el no colexio e Xan deixa de pintalas. O seu pai, para animalo, dille que lle pinte as uñas a el e todos os días vai recollelo coas uñas de cores. Aínda así, Xan segue triste... Todo cambiará o día do seu aniversario.

Aproveitando esta historia, e como acto simbólico, pedímosvos que os nenos e nenas veñan a escola o venres 25 de novembro coas uñas pintadas de cores. Animamos tamén ás familias a que ese día, cando traiades ou recollades aos nenos e nenas veñades tamén coas uñas pintadas de cores.

Trátase dunha actividade totalmente VOLUNTARIA, non debendo obrigar a ningunha criatura a pintar as uñas. Agradecendo de antemán a vosa colaboración.

Un saúdo

Publicación candidaturas sector nais/pais eleccións do Consello Escolar

No seguintel enlace faise pública a listaxe de candidaturas a representantes das familias nas próximas Eleccións ao Consello Escolar.

Campamento de Nadal

No seguinte enlace podedes acceder ao díptico informativo sobre o campamento de Nadal que se levará a cabo no noso centro.

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR CONVOCATORIA

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS, TITORES E TITORAS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

   

    CONVOCATORIA

    De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. DOG 30 de setembro, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS, segundo as seguintes normas:

    1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres nais/pais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. As outras dúas representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

    2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores ou titoras legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:30 horas do día 17 de novembro.

    3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:30 horas do día  18 de novembro.

    4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre as nais e  pais que non se presenten como candidatas ou candidatos, o día 21 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretaria ou secretario o de menor idade.

    5.- A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

    6.- Poderán actuar como supervisores da votación as nais, pais, titotas ou titores legais dos alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

    7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día , 28 de novembro, de 13:00 a 14:00 e de 14:45 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 12:45 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes das candidatas ou candidatos  presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

    9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

    10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

    11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Celebración Samaín

Estimadas familias:

Na semana do 24 ao 28 de outubro imos celebrar o Samaín no colexio. A nosa intención é que en cada aula se dea a coñecer ao alumnado esta antiga tradición galega (que despois daría lugar ao Halloween americano). Para isto, traballaranse nas aulas diferentes unidades didácticas, manualidades, decoración das portas das aulas... 

Ademais, pretendemos facer unha exposición de cabazas decoradas nos corredores da escola. É para isto que solicitamos a colaboración das familias: cada neno e nena traerán das súas casas unha cabaza decorada, pero é importante que non se baleire nin se corte para evitar que se estropee. Deberán traela  o día 24  de outubro e nela debe figurar o nome e o curso do alumno/a, para que o día 28 poidan recollela e levala ás súas casas. 

Nesa semana, de martes a xoves, en horario de 16,30 a 18,30 as familias poderán visitar a exposición nos corredores do colexio.

Neses días vaise impartir clase con total normalidade, polo que entendemos que non procede que o alumnado acuda ao colexio con disfraces nin con adornos.

Un cordial saúdo.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

Roxos, 19 de outubro de 2022

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25 € nos centros docentes e que se empregarán preferentemente antes do 1 de decembro na librería/establecemento.

O vale para adquirir material escolar-ampliación (25€), obxeto desta resolución e o  vale para adquirir material escolar (50€) son vales independentes e non fraccionables, polo que se poderán empregar os dous nun único establecemento ou cada un deles, polo importe íntegro, en dous establecementos distintos.

Polo que, as familias beneficiarias anteriormente do vale de material (50€) poderán pasar pola secretaría do centro a recoller o vale adicional de 25€.

Lembrade que se non pode pasar a recoller o vale adicional o pai ou a nai deberá traer unha autorización asinada para a persoa que o recolle AUTORIZACIÓN

 

Período de Adaptación alumnado 4º de Educación Infantil

O próximo 7 de setembro ás 11:00  h. haberá no noso centro unha reunión coas familias do alumnado de 4º de infantil para explicar diversos aspectos en relación ao período de adaptación.

ESQUEMA PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Calendario Escolar 2022-2023

No seguinte enlace podedes acceder á orde que regula o  Calendario Escolar para o curso 2022/2023.

  ENLACE

  CALENDARIO

 

 

Listado libros de texto curso 2022-2023

Listado de libros de texto para o curso 2022-2023, continúan os mesmos nos cursos de 2º, 4º e 6º de primaria e mudan os de 1º, 3º e 5º de primaria.

        LISTADO

A listaxe de material  escolar entregarase no mes de setembro.

 

 

Matrícula curso 2022-2023

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2022/2023

O prazo de matrícula irá do día 20 ao 30 de xuño.

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla sanitaria da alumna ou alumno.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.
  • Certificado de matrícula do centro de procendencia (para o alumnado provinte doutro centro).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut