Skip to Content

Contacontos con Ana Meilán: 16 de maio


Lermiño informa: o martes día 16 de maio ven Ana Meilán, de Entre Nubes y Cuentos, contarnos algúns dos seus contos e para facer un taller de escritura co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Na biblioteca temos todos os seus libros e estamos a punto de recibir o último.

 

Vémonos o martes 16 con moitas ganas de desfrutar cos contos de Ana Meilán!!

Continuamos coa celebración do día do libro

En Roxos continuamos celebrando o día do libro. Exposición de libros antigos na biblioteca.

   

Campamento de verán

No seguinte enlace pódese acceder á información relativa ao campamento de verán organizado pola ANPA do noso centro e realizado por "Barullada Animación".

INFORMACIÓN

Visita de Érica Esmorís

Con motivo da semana do libro a escritora Érica Esmorís visitou o noso centro, falounos dos seus libros e adicounos todos os que temos dela na nosa biblioteca. Lermiño quedou moi contento e di que o alumnado de 3° tamén, así como que prestaron moita atención a todo o que Érica nos contou.

         

 

Listaxe de admitidos proceso admisión 2023/2024

Despois de recibir a  confirmación do desdobre dos grupos de 4º de E.I por parte da administración, dende o CEIP de Roxos informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude, para o noso centro, está ADMITIDO. (Poden consultar as listaxes no taboleiro interior do centro, ou telemáticamente na aplicación Admisionalumnado coa chave 365).

Lembrar que entre o 20 e o 30 de xuño deberase formalizar a matrícula. No mes de xuño será publicada a información relativa a este proceso (nesta páxina).

Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro.

Actividades para celebrar o día do libro

Para celebrar o día do libro, dende o CEIP de Roxos planeamos as seguintes actividades:

- O martes 25 de abril visitaranos a escritora Érica Esmorís, autora de varios dos libros na nosa biblioteca:

  • O poder de Amabel.
  • Nena e o mar (Premio Merlín de Literatura Infantil).
  • Quen salva a un can.
  • Patio de luces (XI Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga).

 

          

 

O alumnado de 3º de EP acaba de ler o libro “Patio de luces”, a autora virá a charlar cos nenos e nenas e a responder a todas aquelas preguntas que queiran facerlle.

- Ademais realizaremos:

  • 24 de abril exposición da vosa foto co libro preferido na porta da clase e dos mestres, mestras e persoal non docente na porta da biblioteca.
  • 16 de maio visita de Ana Meilán e lectura de varios libros escritos por ela (para todo o alumnado) e taller de escritura para 5º e 6º.
  • Exposición no corredor da biblioteca dos libros de Érica Esmorís e de Ana Meilán.
  • Exposición de libros novos no estante do corredor da biblioteca.
  • Exposición de libros antigos dentro da biblioteca dende o día 24 ata o 16 de maio.

         

 

Xornada de portas abertas

Clicando na imaxe poden acceder ao  cartel que anuncia a xornada de portas abertas

Felices festas

 

Con esta selección de postais do noso alumnado queremos expresar os nosos mellores desexos, nestas festas, a toda a Comunidade Educativa.

Estas postais son unha representación das feitas polo alumnado dos diferentes ciclos, e que foron enviadas ás persoas maiores das residencias de "Volta de Castro" e da "Fundación José Otero". Con elas o alumnado tratou de enviar: cariño infinito, apertas inmensas, aloumiños cargadiños de bondade, sorrisos permanentes e ledicia desbordante para todas as persoas maiores.

FELICES FESTAS!!!

 

 

Proclamación de candidaturas elexidas no proceso electoral

Unha vez reunida a Xunta Electoral, encargada da organización e supervisión do procedemento de eleccións ao Consello Escolar, vistas as actas de escrutinio das diferentes mesas:

PROCLÁMANSE COMO CANDIDATAS E CANDIDATOS ELIXIDAS/OS PARA FORMAR PARTE DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO:

Representantes do Profesorado:

  • Dna. Isolina González Vidal.
  • D. Manoel Iago Vázquez Rodríguez.

Representantes das familias do alumnado:

  • Dna. Paula Chantada Adán.
  • Dna. María Cruz-Villalón García.
  • Dna. Mariña Penas Vázquez.

Está exposta no taboleiro do centro a Acta do Escrutinio da votación da mesa electoral de familias do alumnado.

De acordo co artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatas e candidatos elixidos poderase presentar, por un prazo de 15 días, reclamación perante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Provincia da Coruña. A resolución deste poñerá fin á vía administrativa.

Circular informativa eleccións Consello Escolar

No seguinte enlace podedes acceder á Circular informativa sobre as Eleccións ao Consello Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut