A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Con motivo do día da muller iniciamos por aulas a investigación dalgunha muller galega que destacara pola súa traxectoria.
Co fin de compartir o investigado, ou o aprendido en cada aula, montouse nos corredores do centro unha exposición baixo o título "Mulleres que inspiran". No seguinte enlace podedes ver unha pequena mostra de fotografías do exposto.
Esta exposición está sendo visitada por todo o alumnado do centro.
Unha vez rematadas estas visitas decidimos abrir esta exposición a visitas para toda a comunidade educativa. Para evitar aglomeracións facemos a seguinte distribución horaria:
- Os luns de 16:30 a 18:00 h estará aberta para as familias de Educación Infantil.
- Os xoves de 16:30 a 18:00 h. estará aberta para as familias de 1º, 2º e 3º de Primaria.
- Os venres de 16:30 a 18:00 h. estará aberta para as familias de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Agardamos que resulte interesante e proveitosa.