Para conmemorar este día realizamos unha proposta común que foi a elaboración dun atrapasoños. En cada aula leváronse a cabo diversas reproducións relacionadas con esta temática.
Coñecemos personaxes como Mahatma Gandhi, Martin Luther King, Malala Youstsafzai e Nelson Mandela. Fixemos unha chuvia de ideas e cada neno/a escribiu nunha pomba de papel o seu desexo de paz. Cada un dos soños foi pendurado dun aro co fin de construír un atrapasoños de Paz.
Ademais disto preparamos un dossier que quedou a disposición de tódolos docentes na sala do profesorado con diferentes propostas como o bingo da paz, memories, mandalas ou pulseiras con súper poderespara loitar pola paz, sopas de letras, etc.
Agora o CEIP Recimil está cheo de soños de paz que pensamos cumprir entre todos e todas.
O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos mans nas que dentro escribimos palabras: paz, amor, etc. Puxemos esas mans nun mural que está exposto na entrada do colexio.
Outras mans, recortadas en cartolina de cores, están pegadas nunhas bólas colgadas do teito.
Tal e como se recolle no seguinte vídeo, o acto de celebración do DÍA DA PAZ consistiu na lectura, recitado ou dramatización de poemas de Gloria Fuertes(no pasado ano 2017 conmemorouse o centenario do seu nacemento).
Para rematar, todo o profesorado e alumnado do centro acompañamos a un grupo de alumnas de 6º EP e a Fran, o noso profe de música, cantando e bailando a canción de Mamá Cabra & Carmen Gil: "MOLA CANTIDADE!"
Polo día escolar da NON VIOLENCIA e A PAZ, todo o alumnado do colexio realizamos moitas actividades.
Elaboramos dous murais: un con imaxes de grupo de todas as clases, e outro que fixemos con estrelas debuxadas por nós e coas nosas fotos no centro.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole elaborou unha edición de RECINOVA, coma acostuma a facer todos os anos por datas importantes. O seu contido estaba baseado no significado do Día da Paze a non Violencia e nunha paquena biografía sobre JUAN MANUEL SANTOS, o anterior gañador do Premio Nobel da Paz. (Premer aquí para abrir o arquivo)
O pasado luns, 30 de xaneiro, fixemos un baile coa música de MAMÁ CABRA, no que participamos todo o colexio. Saíunos moi ben e pasámolo de medo!!!
Recordade que premendo na imaxe podedes aceder á galería, e tamén tedes o vídeo do baile abaixo. E ademais, na aula virtual, tedes un apartado sobre o DÍAda PAZ (na categoría ALUMNADO, no curso CEIP Recimil) no que podedes atopar cousas moi interesantes como a biografía de GANDHI, o folleto de RECINOVA, etc. (Acceder desde aquí)
O venres 30 de xaneiro conmemoramos no centro o DÍA ESCOLAR POLA PAZ coas seguintes actividades:
- Elaboración dun mural con pequenas pombas portadoras das palabras ou frases relacionadas coa paz aportadas por todos os nenos/as. (Enlace ás fotos desde a imaxe da esquerda).
- Reunión de todo o alumnado e profesorado no ximnasio para a lectura de poesías e para cantar a canción "Por la paz", escrita por Jesús Pareja. (Música de "Heal the world", de Michael Jackson).
Enlace a dúas presentacións sobre Ghandi(biografía e frases célebres) publicadas na aula virtual. (Categoría: Recursos, actividades e proxectos - Curso: "Actividades complementarias" - Tema: "Día da Paz")