Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Para conmemorar este día realizamos unha proposta común que foi a elaboración dun atrapasoños. En cada aula leváronse a cabo diversas reproducións relacionadas con esta temática.

Coñecemos personaxes como Mahatma Gandhi, Martin Luther King, Malala Youstsafzai e Nelson Mandela. Fixemos unha chuvia de ideas e cada neno/a escribiu nunha pomba de papel o seu desexo de paz. Cada un dos soños foi pendurado dun aro co fin de construír un atrapasoños de Paz.

Ademais disto preparamos un dossier que quedou a disposición de tódolos docentes na sala do profesorado con diferentes propostas como o bingo da paz, memories, mandalas ou pulseiras con súper poderes para loitar pola paz, sopas de letras, etc.

Agora o CEIP Recimil está cheo de soños de paz que pensamos cumprir entre todos e todas.



page | by Dr. Radut