Skip to Content

Día do Libro

DÍA DO LIBRO 2022

Para celebrar o Día do Libro, o venres 22 de abril o equipo da biblioteca puxo no patio caixas con libros que podiamos ollar durante o recreo ou levar prestados para casa.

Uns días antes todo o alumnado coloreamos unhas pisadas que agora están polo chan dos corredores e que nos levan ata a biblioteca.

Tamén escribimos un breve resumo dalgún libro que nos gusta.

MQR - AHB (6ºA)

PRAGA DE ESCRITORES/AS NO RECIMIL!

Confirmado! No noso colexio hai moito talento!

Zongalo Quirico ten probas ... que poderedes comprobar se visitades o blog da biblioteca.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

Canto nos gustan os contos aos nenos e nenas de 5º EI! E con contos, conmemoramos este día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

DÍA DO LIBRO 2018

Zongalo Quirico suxire a visita ao blog da biblioteca onde está publicada a noticia sobre a actividade organizada polo equipo de biblioteca para a conmemoración deste día.

DÍA DO LIBRO 2015

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, Zongalo Quirico invita a toda a comunidade educativa do CEIP Recimil a ler os nosos contos do mundo no blog da Biblioteca, ao que se pode acceder desde o menú dereito da páxina ou tamén pinchando na seguinte imaxe.

MARATÓN DE LECTURA

Zongalo Quirico quixo que este ano todo o alumnado do centro celebrasen o DÍA DO LIBRO cun MARATÓN DE LECTURA DE POESÍA. Por quendas e ao longo da mañá do martes 23 de abril, nenos e nenas leron as poesías previamente seleccionadas na aula.

Día do Libro - 2013

Zongalo Quirico invítavos a visitar o blogue da biblioteca onde publicou información sobre como se celebrou o día do libro no noso centro.

ROSALIA DE CASTRO: 175 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut