Skip to Content

Día da Paz

DÍA DA PAZ - 30 XANEIRO 2014

No CEIP Recimil conmemoramos, un ano máis, o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA coas seguintes actividades, e enmarcadas dentro do PROXECTO DE CONVIVENCIA que se está a desenrolar neste curso:

  • A proposta do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA: proxección e comentario dunha presentación sobre a vida de NELSON MANDELA. O acto tivo lugar no ximnasio coa presencia de todo o alumnado e profesorado do centro e finalizou coa lectura de seis citas de Nelson Mandela que nos serviron para lembrar que se poden resolver os conflitos sen necesidade de usar a violencia. Ver imaxes.

 

  • A proposta do EQUIPO DE CONVIVENCIA: Lipdub coa canción "Ser mejor" de Violetta, que contou coa participación dos nenos/as, dos profesores/as e do persoal non docente.

 Enlace ao vídeo desde a seguinte imaxe.

Día Escolar da Paz e a Non Violencia (30-01-13)

Actividades no CEIP Recimil:

30 de xaneiro de 2012

 

Reportaxe fotográfica e vídeos dos actos de celebración do Día da Paz

 

 

 

Canción TELL ME WHY interpretada polo alumnado  o 30 de xaneiro no acto conmemorativo do Día da Paz.

E tamén neste mesmo día: "Paraugas pola Paz". Máis información sobre esta actividade no blogue do Equipo de Normalización Lingüística.

Día da Paz - 2011

O luns 31 de xaneiro saímos todos/as ao patio para cantar a "Polca da Paz" con motivo da celebración do día da Paz e a Non Violencia.

 

 E neste enlace tamén podedes ver a polca da paz dos profesores/as.

No blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén podedes ver máis imaxes da exposición situada na entrada principal do colexio con frases alusivas á paz. (Podedes acceder desde aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut