Skip to Content

DÍA DA PAZ - 30 XANEIRO 2014

No CEIP Recimil conmemoramos, un ano máis, o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA coas seguintes actividades, e enmarcadas dentro do PROXECTO DE CONVIVENCIA que se está a desenrolar neste curso:

  • A proposta do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA: proxección e comentario dunha presentación sobre a vida de NELSON MANDELA. O acto tivo lugar no ximnasio coa presencia de todo o alumnado e profesorado do centro e finalizou coa lectura de seis citas de Nelson Mandela que nos serviron para lembrar que se poden resolver os conflitos sen necesidade de usar a violencia. Ver imaxes.

 

  • A proposta do EQUIPO DE CONVIVENCIA: Lipdub coa canción "Ser mejor" de Violetta, que contou coa participación dos nenos/as, dos profesores/as e do persoal non docente.

 Enlace ao vídeo desde a seguinte imaxe.



page | by Dr. Radut