Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ - 2017

Polo día escolar da NON VIOLENCIA e A PAZ, todo o alumnado do colexio realizamos moitas actividades.

Elaboramos dous murais: un con imaxes de grupo de todas as clases, e outro que fixemos con estrelas debuxadas por nós e coas nosas fotos no centro.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole elaborou unha edición de RECINOVA, coma acostuma a facer todos os anos por datas importantes. O seu contido estaba baseado no significado do Día da Paz e a non Violencia e nunha paquena biografía sobre JUAN MANUEL SANTOS, o anterior gañador do Premio Nobel da Paz. (Premer aquí para abrir o arquivo)

O pasado luns, 30 de xaneiro, fixemos un baile coa música  de MAMÁ CABRA, no que participamos todo o colexio. Saíunos moi ben e pasámolo de medo!!!

Recordade que premendo na imaxe podedes aceder á galería, e tamén tedes o vídeo do baile abaixo. E ademais, na aula virtual, tedes un apartado sobre o DÍA da PAZ (na categoría ALUMNADO, no curso CEIP Recimil) no que podedes atopar cousas moi interesantes como a biografía de GANDHI, o folleto de RECINOVA, etc. (Acceder desde aquí)

 MARINA PAJÓN, 6ºA



page | by Dr. Radut