Skip to Content

Traballo para E. Infantil

CONTO: INÉS DEL REVÉS

Ola rapaces, hoxe vos traio un conto: Inés del revés.

É divertidísimo, atendede moito que despois chegan as preguntas de comprensión...Tamén podedes debuxar a Inés, escribir o seu nome, contar as súas letras, escribir o que come, como viste. Botade imaxinación...tanta como Inés.

Lembrade, todos os vosos traballos os podedes enviar a: patricia.abad@edu.xunta.es

Moitos bicos.

Vña rapaces, mandade os vosos traballos, Olivia xa se animou cos seus espaguetis!

TRABALLO DE MÚSICA: A DEBUXAR A MÚSICA

 

Convídovos a facer unha escoita activa dunha canción en galego que máis vos guste, tanto a vós coma ás vosas familias. A prosposta é a seguinte: tedes que facervos con dous rotuladores, ceras, lapis, o que teñades a man, e intentar debuxar o que a música vos suxira: liñas, puntos, espirais, círculos… Déixovos un vídeo de exemplo para sacar algunha idea. 

 

 

Pódenvos axudar na casa, e podedes enviar un vídeo mostrando o resultado ao enderezo: fmrmusica@gmail.com

 

 

TRABALLO PARA 4º, 5º E 6º DE E. INFANTIL (4): DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas 2020 está dedicado a Ricarco Carvalho Calero. Por iso, o equipo de Infantil adaptou o seu libro As pitas baixo a choiva no vídeo de enriba.

Imaxe: Edicións Embora.

ACTIVIDADE 1: RETO DAS PITAS

Ao final do vídeo das pitas contámosche en que consiste. Mádanos o teu vídeo cacarexando ao correo dos titores/as.

ACTIVIDADE 2: TAREFAS SOBRE CARVALHO CALERO E AS PITAS

Pódelas atopar nos imprimibles da sección Letras Galegas, pero tamén chos deixamos aquí.

LÓXICO-MATEMÁTICA

 

 ACHEGAMENTO Á LECTOESCRITURA/LINGUAXE PLÁSTICA

ACTIVIDADE 3: QUEBRACABEZAS

NIVEL SINXELO

NIVEL MEDIO

NIVEL AVANZADO

 ACTIVIDADE 4: AS PITAS BAIXO A CHOIVA, A CANCIÓN

IMOS DE EXCURSIÓN VIRTUAL

Canto tempo fai que non imos de excursión todos xuntos?

Lembras a Van Gogh? Este ano na clase vimos moitas das súas obras:

  • A noite estrelada
  • Os xirasoles
  • Autoretratos
  • etc 

Neste vídeo podes lembralas e escoitar a canción que tantas veces cantamos na clase: Starry night!

É un vídeo fermosísimoSelado

 

Distribuir contido


by Dr. Radut