Skip to Content

Traballo para E. Infantil

CHEGOU A PRIMAVERA

SORPRESA!

Ola rapaces!

Chegou a primavera!

Abre a fiestra e escóitaa, ou mellor aínda, escoita a Vivaldi e lembra cando o facíamos na clase sempre acompañado do noso na na na na na na naaaaranaaa na..aa

Actividades opcionais:

-Colle un lapis, papel e cores e debuxa a túa primavera. Con ben de cores alegres!

- Debuxa todos os tipos de flores de coñezas e escribe o seu nome. Non o copies! Escríbeo como te saia. (Isto é moi importante: queremos aprender a escribir, copiar xa sabemos Guiño)

- Debuxa un xirasol como o de Van Gogh e pégalle no centro 10 pipas de xirasol.

- Mándame os teus traballos: Sácalle fotos e envía todo o que teñas a : patricia.abad@edu.xunta.es

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

Xa sabemos que mercar libros en tempo de confinamento non resulta sinxelo. Por iso, no último número da nosa revista ofrecémosche as animacións de catro contos moi coñecidos.

Preme enriba para poder ver as recomendacións lectoras publicadas na nosa revista deste trimestre e no de enbaixo para acceder a todas as propostas feitas ata o momento en O Noso Viveiro e no Viveiro Express.

Distribuir contido


by Dr. Radut