Skip to Content

Tíralle da Lingua

AMPLACIÓN DE PRAZOS PARA O CONCURSO TÍRALLE DA LINGUA

Alumnado de 5º e 6º de Primaria, ollo á boia!

Sabemos que non resulta sinxelo achegar un vídeo nun correo electrónico e que moitos e moitas de vós tivestes dificultades. Por iso, o xurado do concurso no colexio decidiu ampliar o prazo de entrega das historias ata este luns, 15 de novembro, ás 16 horas.

Ese será o novo límite para mandar os vídeos que (isto tamén o cambiamos para facilitarche a vida) podes enviar así:

  • Mandando un correo a ramonparis@edu.xunta.es co vídeo adxunto ou mandando unha URL do vídeo que podes conseguir na web https://wetransfer.com
  • Pasándollo ao teu titor/a nunha memoria USB.
  • Ou mandando o vídeo ao Whatsapp do colexio: 604 00 48 08.

ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!

Convidámosche a participar a ti, si a ti, que formas parte do alumnado de 5º ou 6º de E. Primaria. Escribe un conto na parte de atrás desta folla e despois grávate un vídeo onde saias ti só/a ou ti con uns amigos/as narrándoo. A historia pode ser inventada ou algunha que coñezas e o vídeo non pode durar máis de 5 minutos. Ademais, ten que ser en galego. Ollo con iso!

O concurso consta de dúas fases: unha no centro e, se pasas esta fase, outra a nivel galego. 

  • Se quedas primeira/a na fase do colexio, gañarás a cunca e o estoxo oficiais do Raquel Camacho e mais un diploma.
  • Se gañas a fase galega, concederanche un premio de 250 euros a ti e outros tantos ao colexio. E, se quedas segundo/a e o xurado así o estima, consegues 150 euros.

A data límite para entregarnos o vídeo será o venres, 12 de novembro. Podes pasarllo ao teu titor/a nunha memoria USB ou mandárnolo ao correo: ramonparis@edu.xunta.es.

GAÑADORA E FINALISTAS DA 1ª FASE DE "TÍRALLE DA LINGUA" NO COLEXIO

Lembras que o concurso constaba de dúas fases: unha no centro e, se pasabas esta fase, outra a nivel galego. Pois xa temos relato gañador. O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do centro quere agradecer a implicación e entusiasmo da rapazada que participou no certame e todos eles e elas serán acreditados cun diploma.

RELATO GAÑADOR

 

 O vídeo de Lucía Zheng, de 6º de E. Primaria, pasa á fase galega do concurso. Mira o vídeo na web da AS-PG.

FINALISTAS

ÚLTIMA HORA: gañadores da 2ª fase

O xurado do Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua", convocado pola Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de normalizar o uso oral da nosa lingua entre a xente máis nova, formado por:

Antón Laxe, dinamizador cultural

Isabel Risco, actriz e contadora

Pedro Brandariz, actor, contador de historias.

Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta XIX edición do Concurso:

PRIMARIA

1º Premio: Chibos chibóns. Sara Rodríguez García.

CPI Arquitecto Palacios. Panxón

2º Premio: Como nos enganan cando somos pequenos.

Yago Bouzas Rodríguez. CEIP S. Xoán de Requeixo. Chantada

Parabéns aos gañadores!

ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!

Convidámosche a participar a ti, si a ti, que formas parte do alumnado de 4º, 5º ou 6º de E. Primaria. Grávate un vídeo onde saias ti só/a ou ti con uns amigos/as narrando un conto en voz alta. A historia pode ser inventada ou algunha que coñezas e o vídeo non pode durar máis de 5 minutos. Ollo con iso!

O concurso consta de dúas fases: unha no centro e, se pasas esta fase, outra a nivel galego. Se gañas a fase galega, concederanche un premio de 250 euros a ti e outros tantos ao colexio. E, se quedas segundo/a e o xurado así o estima, consegues 150 euros. 

A data límite para entregarnos o vídeo será o luns, 9 de novembro. Podes pasarllo ao teu titor/a nunha memoria USB ou mandárnolo ao correo: ramonparis@edu.xunta.es.

Distribuir contido


by Dr. Radut