Skip to Content

Prom. 2017

GALLETAS ARREPIANTES

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> GALLETAS ARREPIANTES

Sabedes a que cheira o medo?

Pois a manteiga!

Nas clases de 5 anos cheira a deliciosos morcegos, pantasmas, cabazas e puchos de bruxa de manteiga.

Aínda que sendo sinceros... os rapaces coméronse as galletas sen medo ningún.

LARPEIROSGuiño

PREPARADOS PARA UNHA SEMANA DE MEDO?

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Quentando motores para Samaín

Agora que xa temos estoxo, por certo unha actividade moi emocionante... xa estamos listos para dar moito medo! Neste Samaín comezamos traballando O Grito de Munch, unha obra de arte espectacular, decorando cabazas e lendo moooitos contos. 

Benvidas cabazas! Ven unha semana cargada de sorpresas arrepiantes

ANIVERSARIO DE STEISY

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> aniversario de Steisy

Coa chegada do outono, na clase hai nenas que xa cumpren 5 anos, moitos parabéns Steisy!

NOVAS AVENTURAS EN 5 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> NOVAS AVENTURAS EN 5 ANOS

Xa somos os maiores de infantil e nótase moito. Vai a ser un curso con moitos cambios, temos compañeiros novos, aula e xoguetes diferentes, algunhas responsabilidades etc, un combo perfecto para un curso emocionante 

COMEZAMOSSorprendido

Distribuir contido


by Dr. Radut