Programa de fomento da conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer e Deporte que realizamos nos CEIP da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.
Onde me inscribo no programa Cóxegas?
No local da ANPA do 14 ao 18 de maio.