Skip to Content

Novas ANPA

VISITA DOS REIS MAGOS

Coma todos os anos os REIS MAGOS viñeron o noso cole visitarnos e levar as cartas cos desexos dos nosos nenos este nadal, que os recibiron cantando panxoliñas.

Dende a ANPA desexamosvos unhas FELICES FESTAS!!!

VISITA DOS REIS MAGOS 2018

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Visita dos Reis Magos

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Pero, por se queredes máis, tamén aquí tendes:

MENU COMEDOR DECEMBRO

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN CÓXEGAS

Programa de fomento da conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer e Deporte que realizamos nos CEIP da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Onde me inscribo no programa Cóxegas?

No local da ANPA do 14 ao 18 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut