Skip to Content

REUNIÓN DE XUÑO COAS FAMILIAS DE 4º DE E. INFANTIL (3 ANOS)

As familias de 3 anos que comezan para o vindeiro curso están convocadas a unha reunión informativa o vindeiro xoves, 29 de xuño, ás 12 horas.

REQUIRIMENTO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE BOLSAS DE COMEDOR

Desde o 22 de xuño de 2023, está publicadas no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.

Pódense consultar en:

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

Se no neno ou nena foi admitido nas listaxes publicadas o pasado maio, deberase formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

REVISTA ANUAL "VIVEIRO 2022-23"

Xa sabedes que o Viveiro é a revista anual do noso colexio. Os rapaces e rapazas levan un exemplar á casa en papel. Pero, esta versión dixital sempre agocha sorpresas e contidos interactivos. Descubrídeos!

Distribuir contido


by Dr. Radut