REQUIRIMENTO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE BOLSAS DE COMEDOR
Desde o 22 de xuño de 2023, está publicadas no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.
Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos (premer aquí).
- Páxina web de servizos sociais (premer aquí).
O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).