A partir do mércores, 29 de xaneiro, e durante un período de 20 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá un envase de 200 ml de leite para tomar no recreo.
Ten en conta que as familias de alumnos con intolerancia á lactosa deben comunicarllo sempre ao titor/a para solicitar envases de leite sen lactosa.
A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2019 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria ).