Skip to Content

EXPOSICIÓN-CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS 2020

Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares (EACE) propoñemos a realización dunha exposición virtual de cabazas.

As cabazas elaboraranse na casa e mandaranse as fotos ao correo 2020eace@gmail.com. No asunto debes poñer o nome do/a alumno/a e o curso. O prazo de envío remata o luns, 2 de novembro.

Colgaranse as fotos na web. Os participantes terán un diploma de participación e premiarase a orixinalidade.

EACE



page | by Dr. Radut