Skip to Content

Activ. colectivas

XOGOS TRADICIONAIS

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Xogos tradicionais EI

Esta mañá tivemos a fortuna de poder gozar dos xogos de antes, os xogos cos que se divertían os nenos e nenas hai tempo. Eses xogos que nunca se deberon perder (e moito menos substituír pola tecnoloxía). 

Con estes xogos (o aro, o futbolín, a corda...) corremos, saltamos, pensamos, compartimos... competimos tamén. Pero son actividades que nos converten no que somos: nenos e nenas que necesitan movérense e manipularen (tocaren) aquilo co que xogamos.

Grazas á Asociación veciñal Agra do Orzán por brindarnos a oportunidade de divertirnos tanto!

Máis fotos do alumnado de EP aquí.

FESTA DE ENTROIDO 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Festa de Entroido 2023

Levabamos facéndolle caso aos mandados do Meco toda a semana e o venres tocaba desfile. O tema central (Voz Natura) era a horta e pola pista desfilaron todos os elementos que te podes atopar nela: agricultores/as, abellas, bolboretas, amorodos, xoaniñas...

A horta de Balbina non seremos, mais pouco lle falta. Risa

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Día da Paz e da Non Violencia 2023

Xa sabemos que a paz é un asunto de todos os días, sen excepción. Mais, hoxe tocou festexala e fixémolo decorando o cole con papaventos con mensaxes de paz e cantando Campás pola paz de Migallas Teatro.

VISITA DOS REIS MAGOS 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Visita dos Reis Magos 2022

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Ao longo desta fin de semana, iremos subindo as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut