Familias
13/09/2024
COLECAMIÑOS CURSO 2024-2025
QUE SON OS COLECAMIÑOS
O CEIP Raiña Fabiola ten posto en marcha esta experiencia,dende fai uns anos. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns.
Os itinerarios son catro e un deles parte dende:
Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos.
A clave do éxito deste tipo de programas é que os diversos actores sociais (pais e nais, a figura dos mestres e mestras, colaboración de veciños e comerciantes do barrio e como non, dos poderes públicos) se involucren cos valores que se pretenden e conseguir o compromiso de todos eles con nenos e co seu benestar.
No interior do centro temos instalado un lector no corredor da entrada, polo cal debemos pasar a diario a nosa pulseira. Esta pulseira ademáis de acumular puntos para acadar agasallos nos distintos lugares do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias conforme o alumno ou alumna entrou no centro.
A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos
- Accedendo á APP WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal, premendo en Rexistrar e seguindo os pasos que na aplicación se
- Unha vez verificados, validaranse, e entregaranse as pulseiras no proprio centro, podendo comezar a empregalas.
Comedor Escolar / Madrugadores
15/07/2024
ATENCIÓN :
A partir do 16 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 31 de agosto de 2024.
Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concello ou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.
No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2023- 2024 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2024-2025.
0 CONCELLO xestiona:
NOVA MATRÍCULA 2024-25
MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA.
PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
DO 20 AO 30 DE XUÑO
• IMPRESO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ANEXO III-1
INFANTIL E PRIMARIA
• IMPRESO AUTORIZACIÓNS VARIAS 2024-25
• CUESTIONARIO LINGUA MATERNA (INFANTIL)
• FOTOCOPIA DO DNI DOS PROXENITORES
• FOTOCOPIA DNI DO ALUMNO/A (NO CASO DE QUE O TEÑA)
• FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
• CERTIFICADO MÉDICO (INFORME MÉDICO DE SAÚDE) Canto máis preto da data de matriculación mellor
• 2 FOTOS TAMAÑO CARNÉ - SÓ ALUMNADO DE INFANTIL
- SOLICITUDE DE USO EXCEPCIONAL DE TRANSPORTEPoderán solicitar o uso excepcional aqueles alumnos e alumnas cuxo domicilio estea a menos de 2 km e de quedaren prazas libres no bus, aqueles cuxo domicilio estea fora da zona de influencia, sempre que empreguen algunha das paradas existentes.
FONDO LIBROS 2024-2025
CALENDARIO FONDO LIBROS
Do 21 de maio a 21 de xuño |
Prazo de presentación de solicitudes. |
Do 17 ao 21 de xuño |
Devolución no centro dos libros emprestados. |
O 2 de xullo |
Publicación da relación provisional co número de libros adxudicados. |
Ata o 4 de xullo |
Periodo de reclamación á adxudicación provisional. |
O 8 de xullo |
Publicación da relación definitiva de adxudicacións. |
Do 8 ao 19 de xullo e a partir do 1 de setembro |
Entrega dos vales para a adquisición de libros e material. |
O 11 de setembro |
Entrega nas titorías dos libros de 3º,4º,5º e 6º de E.P. |
Prazo de solicitude:
do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 ambos inclusive.
· Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
· Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
· Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Podedes presentalo no centro o facelo a través da CHAVE 365
ENLACE AOS:
ANEXO I e ANEXO II para cubrir
Moi importante que estea todo ben cuberto, pero facer máis fincapé no ANEXO II e ANEXO II (continuación) con todos os membros ben cubertos e con todas as sinaturas correspondentes.
OLLAR POSIBLES ERROS-PDF ENLACE
BOLSAS NEAE 2024-2025
Convócanse, para o curso 2024-2025, axudas para os alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Acceda a toda información no seguinte enlace:
Acceso á solicitude:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
ENLACE B.O.E:
Extracto de la Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025
https://www.boe.es/boe/dias/2024/04/19/pdfs/BOE-B-2024-14197.pdf
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-2025
XA ESTÁ PUBLICADA A LISTA DE ADMITIDOS
CEIP RAIÑA FABIOLA
PODERÁN ACCEDER AO INTERIOR DO CENTRO PARA VER A LISTAXE DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 9:15 A 13:45 E OS MARTES DE 16:10 A 17:45H
Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA
contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha
caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar
ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima,
posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que
SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOSO, AXÚDANOS A PARALO!
1.- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segura/o.
2.- Localiza o Punto Laranxa no noso centro
3.- Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta
Corto sobre o acoso escolar
ENTROIDO 2024
Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. Decirvos que a semana do 5 ao 9 de Febreiro cumpriremos cos mandatos do Meco.
MANDADIÑOS DO MECO
Este curso o alumnado de sexto informará ao resto de compañeiros e compañeiras do Cole, o día anterior,dos mandadiños do Meco.
Feliz Entroido!!!!!
XOVES
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |