PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO
Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA
contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha
caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar
ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima,
posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que
SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOSO, AXÚDANOS A PARALO!
1.- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segura/o.
2.- Localiza o Punto Laranxa no noso centro
3.- Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta
Corto sobre o acoso escolar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
P-L1.jpeg | 28.9 KB |
P-L2.jpeg | 30.07 KB |
P-L3.jpg | 38.39 KB |
PROTOCOLO ACOSO.pdf | 4.04 MB |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |