MADRUGADORES E COMEDOR 2024-2025
Comedor Escolar / Madrugadores
15/07/2024
ATENCIÓN :
A partir do 16 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 31 de agosto de 2024.
Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concello ou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.
No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2023- 2024 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2024-2025.
0 CONCELLO xestiona:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |