Taboleiro ANPA
13/09/2024
COLECAMIÑOS CURSO 2024-2025
QUE SON OS COLECAMIÑOS
O CEIP Raiña Fabiola ten posto en marcha esta experiencia,dende fai uns anos. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns.
Os itinerarios son catro e un deles parte dende:
Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos.
A clave do éxito deste tipo de programas é que os diversos actores sociais (pais e nais, a figura dos mestres e mestras, colaboración de veciños e comerciantes do barrio e como non, dos poderes públicos) se involucren cos valores que se pretenden e conseguir o compromiso de todos eles con nenos e co seu benestar.
No interior do centro temos instalado un lector no corredor da entrada, polo cal debemos pasar a diario a nosa pulseira. Esta pulseira ademáis de acumular puntos para acadar agasallos nos distintos lugares do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias conforme o alumno ou alumna entrou no centro.
A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos
- Accedendo á APP WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal, premendo en Rexistrar e seguindo os pasos que na aplicación se
- Unha vez verificados, validaranse, e entregaranse as pulseiras no proprio centro, podendo comezar a empregalas.
Comedor Escolar / Madrugadores
15/07/2024
ATENCIÓN :
A partir do 16 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 31 de agosto de 2024.
Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concello ou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.
No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2023- 2024 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2024-2025.
0 CONCELLO xestiona:
FONDO LIBROS 2024-2025
CALENDARIO FONDO LIBROS
Do 21 de maio a 21 de xuño |
Prazo de presentación de solicitudes. |
Do 17 ao 21 de xuño |
Devolución no centro dos libros emprestados. |
O 2 de xullo |
Publicación da relación provisional co número de libros adxudicados. |
Ata o 4 de xullo |
Periodo de reclamación á adxudicación provisional. |
O 8 de xullo |
Publicación da relación definitiva de adxudicacións. |
Do 8 ao 19 de xullo e a partir do 1 de setembro |
Entrega dos vales para a adquisición de libros e material. |
O 11 de setembro |
Entrega nas titorías dos libros de 3º,4º,5º e 6º de E.P. |
Prazo de solicitude:
do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 ambos inclusive.
· Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
· Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
· Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Podedes presentalo no centro o facelo a través da CHAVE 365
ENLACE AOS:
ANEXO I e ANEXO II para cubrir
Moi importante que estea todo ben cuberto, pero facer máis fincapé no ANEXO II e ANEXO II (continuación) con todos os membros ben cubertos e con todas as sinaturas correspondentes.
OLLAR POSIBLES ERROS-PDF ENLACE
BOLSAS NEAE 2024-2025
Convócanse, para o curso 2024-2025, axudas para os alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Acceda a toda información no seguinte enlace:
Acceso á solicitude:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
ENLACE B.O.E:
Extracto de la Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025
https://www.boe.es/boe/dias/2024/04/19/pdfs/BOE-B-2024-14197.pdf
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-2025
XA ESTÁ PUBLICADA A LISTA DE ADMITIDOS
CEIP RAIÑA FABIOLA
PODERÁN ACCEDER AO INTERIOR DO CENTRO PARA VER A LISTAXE DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 9:15 A 13:45 E OS MARTES DE 16:10 A 17:45H
IMPLANTACIÓN COMPLETA DA LOMLOE
CURSO 2023 2024
A LOMLOE entrou en vigor en xaneiro de 2021 (20 días despois da súa publicación), pero a implantación das modificacións contempladas nela producíronse por etapas ao longo de tres anos (segundo o seu propio calendario de implantación), as modificacións introducidas no currículo, a organización e os obxectivos da educación primaria instauráronse para o primeiro, terceiro e quinto de primaria do curso escolar 2022-2023.
No curso 2023-2024 a súa implantación será completa.
Todos os libros de texto de 1º, 3º e 5º de primaria seguirán vixentes ao ser LOMLOE, por iso hai certas existencias do curso 22-23 no colexio para fondo libros.
Os libros de 2º, 4º e 6º de primaria ao ser de nova adquisición non hai existencias de fondo libros no centro.
ALERTA ESCOLAR
Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:
- Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
- Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
- Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).
Alerta Escolar pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres non chegan os recursos adecuados) e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE:
Libros de texto
AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA TÓDOLOS FILLOS/AS ADMITIDOS NO MESMO CENTRO. PÓDESE FACER:
- DE XEITO MANUAL, RECOLLÉNDOA NO CENTRO OU DESCARGÁNDOA DA PÁXINA WEB.
- NA APLICACION FONDO LIBROS E REALIZANDO A PRESENTACIÓN BEN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA OU DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO.
- A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA PRESENTAR SOLICITUDE NO BANCO DE LIBROS DE 3º A 6º DE E.P, PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.
- Cursos aos que vai dirixido: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
- Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2024(este incluído).
- As instancias pódense recoller na secretaría ou descargar da web do centro: INSTANCIA
- Xunto coa instancia deberán entregar a documentaciónacreditativa .
- FONDO: Para ser beneficiario desta axuda é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2023/2024, así como os libros prestados. A data para a devolución dos libros é do 16 ao 20 de xuño e serán entregados aos seus titores ou titoras. Ata o día 9 de xullo o centro publicará unha relación provisional cos libros adxudicados a cada alumno/a. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no centro os 2 días seguintes á publicación . A publicación das listaxes definitivas ata o 20 de xullo.
- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 6 libros de texto e renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € : 4 libros de texto. Declaración da renda do exercicio 2020.
- O centro entregará os libros asignados a cada alumno/a ao comezar o curso seguinte.
- AXUDAS MATERIAL: Só para renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ a axuda para material será de 50 € Para calcular a renda per cápita haberá que sumar os recadros 460+435 da declaración da renda do ano 2019 e dividilo entre o número de membros da familia (a día 31/12/2019). Os vales poderán ser recollidos do 4 ao 12 de xullo. En caso de extravío o centro nunca expedirá un novo vale.
- Renda per cápita igual ou inferior a 6000 € axuda para libros de texto vale por 210€ e renda per cápita entre 6.000 e 10.000€ axuda para libros de texto 140 €
- RESUMO DO FONDO E AXUDAS.
O vindeiro día 11 de setembro, na aula e coa titora ou titor correspondente, farase entrega a todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de libros de texto dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024 - 2025
LISTADO DE LIBROS DE INFANTIL 2024-25
|
|
MATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
4ºMATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
COÑECE O NOSO CENTRO
Este ano faremos visita presencial.
Podedes coñecer virtualmente as instalacións nas que aprenden disfutando os nosos nenos e nenas, a través das imaxes e vídeos seguintes.
Tedes aquí uns vídeos en 360º grados do CEIP Raiña Fabiola cos que poderedes ver as diferentes instalacións do centro. Recomendámosvos visualizar os vídeos en HD para velos en maior calidade.
Queridas familias do Raíña Fabiola, comeza outro curso e queremos celebralo con vós!
Estades todas e todos convidados ao "convivio" que organiza a ANPA Sarela nas instalacións que nos cede a Asociación Veciñal Río Sarela de San Lourenzo e Carme de Abaixo na Carballeira de San Lourenzo o día 13 de setembro as 16:30. Será unha xornada adicada a coñecernos todos un pouco máis, recibir as novas familias que se incorporan á escola e, sobretodo, unha tarde para o desfrute da cativada.
Esperamos que poidades asistir e, por favor, pregamos confirmedes asistencia no email anpa.rainha@gmail.com
04/07/2024
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SARELA CURSO 2024-2025
AVISO:
Dende a ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA ponse en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.
Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por AVANZA SERVIZOS ESCOLARES (691 475 060)
A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 20 de XUÑO ata o 15 de XULLO.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |