Entroido medieval en Portofaro
O venres 13 (xa non se presaxiaba nada bo) o colexio Portofaro retrocedeu por un momento a Idade Media. Centos de nenos e nenas templarios, campesiños da gleba, e mesmo o rei Arturo compareceron no colexio dando un máxico salto no tempo.
Conxuráronse os elementos e no mesmo momento da batalla desatouse a tempestade de chuvia e vento. Máis parecía a man do mesmo Merlín que estives lanzando un encantamento. Obrigados ao refuxiarnos no Castelo ducias e ducias de xenerosos familiares, avós e avoas, pais e nais vidos do futuro, protexéronnos e axudáronnos a evacuar o enfeitizado castelo. Moitísimas gracias a todos e todas
A Idade Media volverá a Portofaro, sen dúbida
- APIs de Blogue
- Calendario