The moon is in the river
Nesta páxina iremos colocando os enlaces aos vídeos dos distintos grupos de 2º que representaron a obra
"THE MOON IS IN THE RIVER"
Trátase dun sinxela peza de teatro infantil (que viña como "story" nunha das unidades do libro de texto) e que os nenos e nenas aprenderon e represenatron con ilusión.
O argumento é: Un día pola noite unha ovella que está bebendo á beira dun río ve á lua reflexada e cre que se está afogando. Decide ir buscar unha barca para poder salvala. Polo camiño atopa varios animais aos que lle conta o que ocorre e deciden ir axudala. Unha vez chegan onde estaba a lúa,póñense de pé na barca para intentar coller á lúa e subila a bordo, caen á auga e ao enturbiar a auga e quedar frotado boca ariba decátanse de que en realidade o que vían no río era un reflexo e a lúa estaba coma sempre no alto do ceo.
A obra, como se ve, transmite valores de traballo en equipo e solidariedade e fai ver aos cativos que ás veces a primeira impresión non é a correcta.
En canto ao interés para a asignatura, a avaliación é moi positiva porque a pesares de que cada vez que se ensaiaba se empleaba toda a sesión, participaron todos os alumnos obrigándolles a practicar tres das catro destrezas principais na aprendizaxe do idioma: listening, reading and speaking (escoitar, ler e falar)
E sen máis aquí están os enlaces. Espero que vos gusten
- APIs de Blogue
- Calendario