Encontro con escritora
Mar Guerra
O xoves 10 de marzo os alumnos de 6º asistiron na biblioteca a un encontro con Mar Guerra, periodista e autora de "Xenaro e o misterio da mochila verde".
Este libro que foi lido e comentado nas clases de 6º, xira arredor da amizade e xoga coa linguaxe, resultando moi animado para estes rapaces. |
No encontro fixeronlle preguntas relacionadas co libro e a súa actividade literaria, rematou o mesmo cun xogo de palabras, no que participaron todos e un deles foi agasallado cun exemplar de dito libro.
Novas actividades
Intentando festexar as celebracións literarias de marzo e abril ( Día da Poesía, Teatro, Prensa e Libro), dende a biblioteca propuxemos a elaboración conxunta dun xornal cuxo tema sexa a Astronomía por ser o 2009 o "Ano Internacional da Astronomía" empregando relatos, adiviñas, tira de cómic, noticias. . .
Os alumnos do 2º ciclo están a participar por equipos no xogo "A busca do tesouro " consultando os libros de Astronomía expostos na biblioteca.
E os do 3º ciclo utilizando as TIC, noutro concurso "Xincana de Astronomía" no que cada equipo busca preguntas relacionadas co tema e todos deben tentar de atopar o maior número de respostas.
- APIs de Blogue