O Gato Paco
No mes de novembro un novo personaxe pasa a formar parte dos amigos de Vaidelibros. É o gato Paco un gatiño pequeno e agarimoso que nos dirixe nas nosas procuras de libros pola nosa biblioteca e por outras.
Paco ten no seu nome as iniciais de Público Acceso Catálogo Online así que a súa misión é a de levarnos ata o lugar axeitado para buscar libros na rede de bibliotecas de Galicia e por suposto na nosa. (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/)
Cando facemos clic sobre el, lévanos a unha páxina na que podemos seleccionar un montón de bibliotecas de Galicia e entrar nelas para saber se teñen un determinado libro.
Nesta páxina web podemos buscar se na biblioteca hai un libro poñendo o título completo ou unha parte del. Tamén podemos mirar todos os libros que temos dun determinado autor e mesmo os que hai que traten dun tema que nos apeteza.
Por todo iso Paco é o noso amigo
- APIs de Blogue
- Calendario