Eventos
COMEZA O ENTROIDO NO PORTOFARO É POR ISO QUE:
Martes, día 25 de febreiro, o Meco danos a seguinte orde:
O martes a túa cara has de transformar
a maquillaxe hate axudar
bigotes, lunares, beizos, meixelas e ollos podes pintar.
O resultado debe ser espectacular!
E SEGUE A FESTA DO ENTROIDO NO PORTOFARO:
Este Mércores, 26 de febreiro, a nova orde do MECO dinos :
" O mércores ao revés te erguerás
de neno á nena pasarás
ou de nena á neno cambiarás."
E SEGUE O ENTROIDO NO PORTOFARO
Este Xoves, día 27 de febreiro, o Meco pídenos:
"O xoves pola casa buscarás para poderte disfrazar roupa vella has traer para un bo choqueiro ser." |
HOXE FACEMOS o tradicional DESFILE das nosas comparsas e charangas polo paseo marítimo ata a biblioteca.
A volta no patio seguirá a festa ca música propia da data.
ESPERAMOS PASALO MOI BEN