Eventos
Hoxe , 28 de xaneiro os alumnos de 6ºB visitan a fábrica do Castro.
A produción cerámica é a principal actividade desta fabrica de Sargadelos dende que se puxo en marcha ala polo o século XVIII.
As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo.
Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.
Hoxe , 29 de xaneiro os alumnos de 6ºA visitan a fábrica do Castro.
A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en marcha ala polo o século XVIII.
As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo.
Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada
Hoxe o alumnado de quinto nivel de primaria participará nun obradoiro de educación ambiental “TI QUE FAS POLO MUNDO” sobre o tratamento dos residuos no Consorcio das Mariñas.
O obradoiro será impartido por educadores do CEIDA e propóñense una serie de actividades encamiñadas a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas destas idades. Esperamos aprender moito e pasalo ben reCiclando.
Hoxe , 30 de xaneiro os alumnos de 6ºC visitan a fábrica do Castro.
A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en marcha ala polo o século XVIII.
As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.
Hoxe día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ
Por iso no día de hoxe conxuntamente no patio faremos a lectura do “NOSO MANIFESTO” que foi elaborado por todoo alumnado despois de teren debatido nas respectivas aulas sobre o significado e a importancia da PAZ. No manifesto están recollidos os desexos dos nosos alumnos para o desenrolo da PAZ entre todos. Despois cantaremos “O himno da alegría”.
“Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes; pero non damos aprendido o sinxelo arte de vivir coma irmáns” Martín Luther King. Premio Nobel da paz 1964.
CONCERTO "LA BELLA DURMINTE"
Hoxe, 13 de febreiro, o alumnado do terceiro ciclo ás 09:20h asistirán ao concerto de música clásica que a ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA dirixida por Andrés Salado ten programado no Pazo da ópera da Coruña.
Neste concerto a OSG e o Centro Coreográfico Galego únense de novo para chegarnos á máxia do ballet, cunha selección da obra de Tchaikovsky inspirada no conto “ A bella durminte” de Perrault.
COMEZA O ENTROIDO NO PORTOFARO É POR ISO QUE:
Martes, día 25 de febreiro, o Meco danos a seguinte orde:
O martes a túa cara has de transformar
a maquillaxe hate axudar
bigotes, lunares, beizos, meixelas e ollos podes pintar.
O resultado debe ser espectacular!
E SEGUE A FESTA DO ENTROIDO NO PORTOFARO:
Este Mércores, 26 de febreiro, a nova orde do MECO dinos :
" O mércores ao revés te erguerás
de neno á nena pasarás
ou de nena á neno cambiarás."
E SEGUE O ENTROIDO NO PORTOFARO
Este Xoves, día 27 de febreiro, o Meco pídenos:
"O xoves pola casa buscarás para poderte disfrazar roupa vella has traer para un bo choqueiro ser." |