Eventos
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
ACTIVIDADES DA CAMPAÑA :RECICLA Ó XÉNERO
En colaboración co Concello realizarase unha actividade,con motivo da conmemoración do 25 de novembro, declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller, dirixida a todo o alumnado de 4º e 5º de primaria.
A actividade consistirá en:
·
45 min. De “Contacontos de Igualdade” (a cargo dunha persoa especialista dedicada a realización de espectáculos infantís e xuvenís de contido educativo, tratando o tema da igualdade).
·
45 min. obradoiro lúdico “Deseñemos a nosa Campaña contra a Violencia de Xénero”.
Neste obradoiro, tras unha breve introdución e explicación do signicado da conmemoración do 25 de novembro polas persoas educadoras da actividade, os nenos e nenas terán a oportunidade de deseñar as súas propias chapas, lazos, separadores de páxinas, cartaces,...con debuxos e frases que simbolicen o rexeitamento cara a violencia de xénero.
MAGOSTO NO PORTOFARO
Un ano máis, o colexio prepara a celebración do MAGOSTO, unha das festas tradicionais da nosa cultura. Neste curso, ademais das actividades didácticas propias de cada grupo, o Departamento de Actividades Complementarias ten programadas as seguintes actividades conxuntas para todo o alumnado.
- Concurso de degustación de pratos cociñados con froitos do outono, o venres 15 de novembro. Haberá premios para os mellores. Deixaránse nas mesas da entrada do colexio as 9.00 co nome e curso por debaixo.
- Concurso de colares e manualidades feitos con castañas .Tamén haberá premio por aula.
Festa do MAGOSTO, ás 12:20h coa degustación propia das castañas asadaS.
TEATRO: LA VUELTA ALMUNDO
O alumnado de 3º e 4ºo día 28 de novembro e 5º e 6º o día 29 irán a unha sesión de teatro ao Forum para ver " la vuelta al mundo". A obra teatral é unha marabillosa viaxe na que desafian a Fogg a dar a volta ao mundo en 60minutos.
Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúis crean ambientes e atmosferas que nos transportarán a lugares exóticos viaxando en barco, elefante, dilixencia ou zorra. Unha fantástica aventura con moito humor e imaxinación.