O alumnado que agora curso 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.
Para formalizar a reserva de praza deben seguirse estas instruccións:
- Entrega do anexo ED550A.
- Prazo: do 1 ao 17 de febreiro de 2020 (ambos inclusive)-
- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos: de 09:30 a 12:30
- En caso de non autorizar a comprobación de datos de identidade, deben acompañar a solicitude dunha copia do DNI/NIE/Pasaporte dos proxenitores
- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando hai custodia compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores
- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2020-21, poderán consultalo na web ou taboleiro informativo do noso centro e na do IES Manuel Murguía. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.
- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos
- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as durante o recreo. Entregaremos unha copia da reserva co rexistro de entrada
- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.
Para máís información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30140