AVISO IMPORTANTE

O centro permanecerá pechado ao público ata novo aviso por causas alleas a nosa vontade. Disculpen as molestias.

Rogamos estean pendentes da páxina para calqueira información que proporcionaremos a medida que as autoridades educativas e sanitarias nos vaian transmitindo.

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020/2021

15/07/2020

Publicadas as listas de alumnado admitido no transporte escolar para o curso 20/21 no taboleiro de anuncios do Pavillón Administrativo do centro ata o día 17 de xullo. Poden consultalas en horario de 9:30 a 12 horas.                               

TODOS OS USUARIOS LEXÍTIMOS ESTÁN ADMITIDOS.           

IMPORTANTE

A asignación de prazas EXCEPCIONAIS ten carácter PROVISIONAL por estar suxeita ás limitacións de capacidade dos vehículos que veñan impostas pola situación sanitaria do mes de setembro en adiante.

É decir, a día de hoxe so teñen a praza asegurada os usuarios lexítimos de transporte escolar (os que teñen o seu domicilio a máis de 2Km do centro educativo).

RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2020/2021

14/07/2020

 

Publicase a Resolución defintivia da axuda de libros e material escolar de Educación Primaria para o curso 2020/2021.

O centro estará aberto ata o venres 17 en horario de 9.30 a 12.00 para consultar as listaxes ubicadas na entrada do Pavillón I (pavillón verde).

 

Os vales serán entregados en setembro. Informaremos na web da súa organización para a recollida. 

 

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2020/2021

8/07/2020

 

Publicase con data de 8 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2020-21.

 

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do Pavillón I, na porta da Biblioteca. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

 

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

 

As solicitudes que se presentaron para alumnos/-as de Educación Infantil quedan excluídas por non estar incluídas na convocatoria.

 

Para o alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

 

Alumnado de 5º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

 

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 13 de xullo, en horario de secretaría ( 09:30 a 12:00). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

MATRICULACIÓN NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

1) Resolución definitiva de novo alumnado para o curso 2020/-21:

2) FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 1 ao 10 de XULLO de 2020.

Horario de 09:30 a 12:00, con CITA PREVIA.

Deben chamar ao teléfono:  881 960 506

 


FORMULARIO DE MATRÍCULA:

Descargar e imprimir

Ou cubrirase directamente na secretaría do centro

 

 

 

3) COMEDOR ESCOLAR E SERVIZO DE MADRUGADORES SOLICÍTASE A TRAVÉS DA ANPA

CONTACTO VER AQUÍ

 

4) TRANSPORTE ESCOLAR:

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Aquí podedes ver e descargar a lista dos libros de texto para o curso 2020-2021

Para máis información sobre Edixgal pulse aquí

Distribuir contido