RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2020/2021

8/07/2020

 

Publicase con data de 8 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2020-21.

 

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do Pavillón I, na porta da Biblioteca. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

 

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

 

As solicitudes que se presentaron para alumnos/-as de Educación Infantil quedan excluídas por non estar incluídas na convocatoria.

 

Para o alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

 

Alumnado de 5º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

 

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 13 de xullo, en horario de secretaría ( 09:30 a 12:00). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.