Secretaría

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2024/2025

Publicase con data de 1 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2024-25.

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

Entrega de vales: Do 8 ao 12 de Xullo (ambos inclusive) e a partir do 2 de setembro. Sempre en horario de secretaría (9:30 a 12:30)

Os libros de 3º a 6º de EP serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 3 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:30). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva (levaráse a cabo o 5 de xullo en CONSERXERÍA).

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2024-2025

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2024-2025

PRAZO: 

  • 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024, ambos inclusive. Horario de administración será de 9.30 a 12.30. Sen cita previa.

        

 

 

 

  • Poden descargar aquí o impreso ou recollelo na administración do centro.
  • Se solicitan Comedor Escolar, deben tramitalo coa ANPA do Centro. Abrir contacto.
  • Se solicitan Transporte Escolar, podedes recoller o impreso no centro. 

 

 NOVO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Recordade que o prazo para as axudas de libros e material remata o 21 de xuño. Pódese entregar o impreso previamente ou o 20 e 21 de xuño xunto coa matrícula. 

IMPORTANTE: Unha vez feita a matrícula, deberán descargar a aplicación AbalarMobil, nos seus terminais (co número de teléfono de facilitado no momento da matrícula)  para recibir comunicacións relacionadas co alumnado e co centro.

Lembramos que o alumnado que xa está actualmente no centro NON debe realizar ningún trámite de matrícula.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025. Educación Primaria.

NORMATIVA: Orde 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 

PRAZO: dende o martes 21 de maio ate o venres 21 de xuño (inclusive)
   
PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace e acceder coa Chave365.
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.


Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas SEN CITA PREVIA na Secretaría do centro.
   
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
   
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)
   
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)
   
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
   
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
   
e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2022.
   
f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2022.
   
Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro.
   
Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na Secretaría do centro.
   
CALENDARIO DE PRAZOS

• Entrega de documentación: ate o 21 de xuño (inclusive)

• Resolución provisional: Antes do 12 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

• Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.

• Resolución definitiva: Antes do 26 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Publicamos no día de hoxe, a resolución definitiva de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2024-2025 

A formalización de matrícula será do xoves 20 ata o luns 1 de xullo, ambos inclusive.

Publicaremos no mes de xuño,  toda a información da matrícula nesta mesma web.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Con data 25 de abril de 2024, informamos da publicación da Resolución provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. Poden consultarse as listaxes provisionais das solicitudes presentadas  no taboleiro de anuncios no interior do edificio do pavillón administrativo.

 

 

Prazo de reclamacións: 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte da súa publicación.

 

Lugar: secretaría de 09:30 a 12:30 

 

Resolución definitiva: publicarase o 15 de maio.

A formalización de matrícula será do martes 20 ata o venres 30 de xuño, ambos inclusive.

 

Publicaremos no mes de xuño,  toda a información da matrícula nesta mesma web.

SOLICITUDES ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Unha vez rematado o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, poderán presentar no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2024-25,  aquelas familias que por diversas circunstancias non o fixeron anteriormente.

 

Documentación requerida:

   1Impreso solicitude admisón fóra de prazoImpreso aquí. 

   2Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.

   3Copia do libro de familia.

  4Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.

   5Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.

  6Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  7Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.

 

Información a ter en conta:

  • A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
  • Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
  • De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
  • Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria. 

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024-2025

Prazo: Do 15 de abril ao 13 de maio (ambos inclusive)

Lugar: Na secretaría do centro de 9:30 a 12:30 ou  por mail ao enderezo administracion@pontedosbrozos.gal

SOLICITANTES:

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO LEXÍTIMO (domicilio a máis de 2 km.) durante o curso 2023/2024: NON teñen que facer nova solicitude.

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2023/2024: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2024/2025

Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o seguinte cursSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2024/2025

 Alumnado de nova incorporación ao sevizo de transporte ou alumnado que necesite cambiar de paradaSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2024/2025

Alumnado NOVO no centrorealizará a solicitude no momento da matrícula.

Os usuarios que causen baixa para o curso 2024/2025 deberán comunicalo na Secretaría ANTES do 21 de xuño.

DOCUMENTOS A PRESENTAR COAS SOLICITUDES: Impreso. Poden descargalo aquí : usuarios excepcionais ou usuarios lexítimos,  ou solicitalo na secretaría do colexio.

Distribuir contido