Con data 25 de abril de 2024, informamos da publicación da Resolución provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. Poden consultarse as listaxes provisionais das solicitudes presentadas no taboleiro de anuncios no interior do edificio do pavillón administrativo.
Prazo de reclamacións: 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte da súa publicación.
Lugar: secretaría de 09:30 a 12:30
Resolución definitiva: publicarase o 15 de maio.
A formalización de matrícula será do martes 20 ata o venres 30 de xuño, ambos inclusive.
Publicaremos no mes de xuño, toda a información da matrícula nesta mesma web.